A filosofía deste proxecto baséase no traballo colaborativo nas aulas da Formación Profesional Básica. En consonancia co exposto anteriormente, pretendemos actuar como “guías” no proceso de ensino e aprendizaxe cun alumnado con características moi concretas que van dende o prolongado fracaso escolar, as dificultades tanto económicas como estruturais dos seus núcleos familiares, as dificultades lingüísticas e culturais e, como consecuencia lóxica, a pouca autonomía e ausencia de coñecementos.
A proposta que presentamos consiste en traballar co alumnado da Formación Profesional Básica no ámbito de Comunicación e Ciencias Sociais a través de ferramentas dixitais e estratexias pedagóxicas innovadoras como a Realidade Aumentada, a Realidade Virtual e a Intelixencia Artificial para que aprendan a comunicarse, integrarse e actuar con solvencia e eficacia perante as diferentes instancias, administracións e organismos autonómicos, nacionais e supranacionais, domiñando os protocolos burocráticos que lles afectan no día a día como cidadáns a eles e as súas familias, tanto para súa formación académica como para unha futura integración de pleno dereito nun mundo laboral cada vez máis especializado e dixitalizado.
CRÉDITOS DO PROXECTO:
ALUMNADO
2º FP. BÁSICA COCIÑA E HOSTALARÍA
2º FP. BÁSICA ELECTRICIDADE E ELECTROTECNIA
EQUIPO DOCENTE:
SONIA VIVERO ( Docente do Alumnado e Guía do Proxecto)
PILAR MRTZ. SOUTO ( Profª colaboradora)