Neste repositorio de materiais pedagóxicos do Proxecto CIDADÁNS DIXITAIS DO SÉCULO XXI: "outras metodoloxías de traballar o Módulo de Comunicación e CCSS na FPB, podemos atopar os seguintes tipos de documentos:
Guións de elaboración dos "borradores" escritos para levar a cabo as simulacións de entrevistas de procura de emprego: a OK e a NON OK.
Pautas de conducta para a posta en escena das simulacións de entrevistas de procura de emprego.
Rúbricas de avaliación de cada tarefa.
2. Guións para a elaboración de "borradores" escritos con anotacións concretas a ter en conta á hora da gravación das simulacións de procura de emprego.
2 . Guións para a elaboración de "borradores" escritos na elaboración de PODCAST:
Tipo 1: con alumnado nacido no estranxeiro e con alumnado nacido en España, pero con raíces noutros países, facendo unha reflexión comparativa referente a diferentes cuestións que afecten ao alumnado e ás súas familias.
Tipo 2: o propio alumnado da FPB. entrevista aos seus compañeiros/as sobre diversas cuestións que van dende a elección por este Ciclo Formativo, as dificultades nas materias máis técnicas e específicas das materias do Ciclo, ata a valoración da importancia de Módulos de materias comúns, xa vistas e nas que fracasaron na ESO, e outras moitas cuestións sobre as súas preferencias e expectativas de futuro e inserción laboral.
3. Titoriais e guións para a elaboración previa de esquemas de traballo de cada escenario en 360ª para elaborar un tour en Realidade Virtual
4. Titoriais para o manexo de ferramentas dixitais necesarias na elaboración das tarefas:
-Soundcloud (repositorio de audios)
- Google Sites (almacén do proxecto)
- Theta ( fotos 3D)
- H5P ( escenarios do tour virtual)
- Audacity ( mellora e arranxos dos audios)
- AudioTrimmer ( mellora dos audios)
- Capcut ( mellora de vídeos)