PLAN DE IGUALDADE ANTIGO (ATA O CURSO 24/25)
1 INTRODUCIÓN
2 CONTEXTUALIZACIÓN NORMATIVA E DO CENTRO
3 ANÁLISE DA SITUACIÓN DO CENTRO EN RELACIÓN COA IGUALDADE DE XÉNERO E A LGTBFOBIA
4 OBXECTIVOS COEDUCATIVOS DESENVOLVIDOS A TRAVÉS DO PALAN EN CANTO AOS SEGUINTES TEMAS
4.1 PROMOCIÓN DA IGUALDADE DE OPOTUNIDADES ENTRE HOMES E MULLERES
4.2 PREVENCIÓN, DETECCIÓN E INTERVENCIÓN EN CASO DE VIOLENCIA DE XÉNERO
4.3 PREVENCIÓN DO RESPETO POLA DIVERSIDADE AFECTIVO SEXUAL
4.4 PREVENCIÓN, DETECCIÓN E INTERVENCIÓN EN CASO DE LGTBFOBIA
5 MEDIDAS CONCRETAS DE ACTUACIÓN NOS SEGUINTES ÁMBITOS
5.1 ORGANIZACIÓN DO CENTRO
5.2 ELIMINIACIÓN DOS ESTEREOTIPOS DE XÉNERO NA TRANSMISIÓN DOS VALORES E DOS SABERES
5.3 XESTIÓN DOS ESPAZOS, DOS RECURSOS E DAS OPORTUNIDADES DE REALIZACIÓN VOCACIONAL DE XEITO INCLUSIVO
5.4 INCLUSIÓN DOS VALORES COEDUCATIVOS NA XESTIÓN DA CONVIVENCIA ESCOLAR
6 SEGUIMENTO E AVALIACIÓN
O IES Francisco Daviña Reyestá situado en Monforte de Lemos, no casco urbano, delimitado polo Paseo doMalecón e pola rúa Doutor Casares. O complexo consta de dous edificiosseparados: o ximnasio e o resto das dependencias. O edificio principal presentatamén dous ámbitos moi diferenciados: un de proxección máis vertical e outro deproxección máis horizontal. O primeiro, que ten tres andares e soto, contén osservizos xerais do centro e a maior parte do aulario. O segundo, dun só andar,está ocupado esencialmente por talleres. O espazo restante complétao unhafranxa axardinada na parte frontal e un pequeno patio asimétrico resultante dopeche do recinto entre as dúas estruturas fundamentais. A natureza do edificioreflicte a súa historia e tamén o carácter polivalente do ensino que nel seimparte, que abrangue dende o Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) , o Bacharelato e os Ciclos Formativos de Grao Medio e Superior.
As ensinanzas que se imparten actualmente son:
-ESO.
-Bacharelato de Ciencias e Humanidades e Ciencias Sociais.
-FPBásica:
*Mantemento de vehículos.
*Electricidade e Electrónica.
-Ciclos de Grao Medio:
*Coidados auxiliares de enfermaría.
*Electromecánica de vehículos.
*Instalacións de telecomunicacións.
*Atención a persoas en situación de dependencia.
-Ciclos de Grao Superior:
*Sistemas de telecomunicacións e informáticos.
*Educación Infantil.
-Cursos de especializacion de Grao Superior:
*Ciberseguridade en contornas das tecnoloxías de operación.
*Sistemas de sinalización e telecomunicacións ferroviarias.
Actualmente no Consello Escolar está nomeada a Orientadora María Nieves Domínguez González como responsable en materia de igualdade.
Nos últimos cursos non foi necesaria a activación de protocolos ou medidas de intervención para abordar condutas contrarias á convivencia por razón de xénero.
Os obxectivos coeducativos están presentes a través dos diferentes plans do centro e tamén dentro dos sinais de identidade da nosa organización:
“A igualdade de xénero é un dos piares fundamentais da convivencia e da xustiza social. Fomentarase a implicación do smembros da comunidade educativa na loita activa contra a desigualdade de xénero e a violencia machista, así como a colaboración no fomento dos valores que os movementos feministas defenderon dende os seus inicios”.
No Plan de Convivencia do Centro aparecen accións dirixidas á conmemoración de datas como o 25 de Novembro ou 8 de Marzo.
Dentro do Plan de Orientación, nas liñas prioritarias relacionadas coa convivencia e coa educación en valores aparececomo obxectivo:
“Deseñar e poñer en práctica programas destinados á promoción da convivencia e a resolución pacífica dos conflitos (a través do deseño deobradoiros de habilidades sociais, resolución de conflitos, igualdade entrehomes e mulleres, autoestima; dinamización da xunta de delegados...)”.
No Plan de Acción Titorial reflíctese como obxectivo a necesidade de educar na igualdade efectiva entre homes e mulleres.
Os diferentes plans e programas do centro están a disposición da Comunidade Educativa a través na nosa web á que poden acceder con facilidade.
Das medidas que aparecen reflectidas no protocolo de identidade de xénero, no nosocentro lévanse a cabo as seguintes:
- Obradoiros de informacióne sensibilización sobre diversidade sexual e de xénero dirixidas ao alumnado,incluindo actividades de autocoñecemento, coñecemento mutuo, empatía, aprecio ecomunicación que favorezan a cohesión grupal.
- Participación por parte do profesorado e a Orientadora en actividades do Servizo de FormaciónPermanente do Profesorado para a difusión e concienciación da realidade daspersoas trans.
- Disponibilidade na Biblioteca do noso centro de libros, manuais, sobre diversidade sexualaxeitadas á idade do noso alumnado.
- Participación dentro do Plan Proxecta no programa Quérote máis que aborda esta temática sempre que sexa posible.
O centro a través da Orientadora participa na Mesa de Coordinación para a mellora da atención a mulleres vítimas deviolencia de xénero e en todas as reunións que se convocan tanto dende o CIM como dende o Concello.
Dende o Equipo da Biblioteca do Centro levan traballando o tema da Igualdade durante moito tempo empregando o teatro como ferramenta para a reflexión e tamén para darlle visibilidade a todas as accións no centro.
Paradar máis pulo a este Plan de Igualdade crearemos unha comisión que represente á maior parte do profesorado para que poidamos facer un mellor seguimento do mesmo e coordinar as accións emprendidas.
O desenvolvementonormativo e lexislativo existente en materia de igualdade de xénero é o seguinte:
Lei Orgánica 1/2004do 28 de decembro de medidas de protección integral contra a violencia dexénero.
Lei 11/2007, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
Decreto Lexislativo2/2015 do 12 de febrero, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da comunidade autónoma de Galicia en materia de igualdade.
A Lei Orgánica2/2006, de 3 de maio, de Educación (LOE), modificada en parte pola Lei Orgánica 8/2013, de 9 de decembro, para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE) sinalano seu Preámbulo que: “(…) Entre os fins da educación resáltanse o plenodesenvolvemento da personalidade e das capacidades afectivas do alumnado, aformación no respecto dos dereitos e liberdades fundamentais e da igualdadeefectiva de oportunidades entre homes e mulleres, o recoñecemento dadiversidade afectivo sexual, así como a valoración crítica das desigualdades, que permita superar os comportamentos sexistas. Asúmese así na súa integridade o contido do expresado na Lei Orgánica 1/2004, de 28 de decembro, de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero. (…)”.
Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar, ten por obxecto o desenvolvemento regulamentario do réxime xurídico de convivencia recoñecido na lexislación básica do Estado e na citada Lei 4/2011.
PROTOCOLO DECOORDINACIÓN E COOPERACIÓN INSTITUCIONAL FRONTE Á VIOLENCIA DE XÉNERO NACOMUNIDADE AUTONÓMA DE GALICIA Páxina 19 de 157 Este Decreto 8/2015 sinala, no artigo12, o seguinte obxectivo do Plan de Convivencia: “e) Facilitar aprevención, detección e eliminación de todas as manifestacións de violencia, especialmente do acoso escolar, da violencia de xénero e das actitudes ecomportamentos xenófobos e racistas.”
I Plan de actuación para a Igualdade nos centroseducativos de Galicia 2016-2020.
Instrución do 6 desetembro de 2019, da dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa , para a elaboración de Plans de Igualdade no curso2019/2020, nos centros docentes sostidos con fondos públicos de niveis universitarios da consellería de Educación, Universidade e FormaciónProfesional.
Así mesmo, como IES o noso regulamento faise dacordo o Decreto 324/1996 pola que se aproba o Regulamento Orgánico dos Institutos de Educación Secundaria.
Orde do 1 de agosto de 1997, pola que se ditan instruccións para o desenvolvemento do decreto 324/1996.
Como centro público, cóntase cos documentos de centro regulados polo Decreto e Orde anteriomente citados, e os seguintes documentos regulados pola nova normativa:
-Normas de Organización e Funcionamento do Centro
-Plan de Atención á Diversidade, artigo 12 do Decreto229/2011 do 7 de decembro polo que se regula a atención a diversidade nos centros educativos dependentes da Conselleria de Educación nos que se imparten as ensinanzas LOE 2/2006 do 3 de maio.
-Plan de Convivencia, recollido no artigo 11 do Decreto8/2015 do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a lei 4/2011 do 30 de xuño, deconvivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar.
E destacar o Plan de Orientación Educativa no tocante á temática deste plan, regulado polo Decreto 120/1998 do 23 abril e a Orde do 24de xullo de 1998 pola que se regula a organización e funcionamento da orientación educativa e profesional na comunidade.
O IES Francisco DaviñaRey é un centro cunha longa historia que se remonta á década dos 40 cando foi creado como “Escola de Maestría Industrial”. No ano 1973, pasou a ocupar a súa situación actual e dende ese momento foi modificando e ampliando as ensinanzas que se imparten no mesmo ata chegar á situación actual na que se imparten as etapas educativas de ESO, Formación Profesional Básica, BAC e ciclos formativos.
O alumnado da ESO procede maioritariamente dos centros adscritos de Bóveda e A Pobra do Brollón, dous concellos limítrofes con Monforte (empregan transporte escolar e usan o comedor escolar) e tamén da propia cidade de Monforte.
En Bacharelato, ao propio alumnado procedente da ESO, súmase unha parte importante do alumnado que cursou a ESO no CPI Dr. López Suárez do Saviñao, así como nalgúns dos centros concertados da cidade.
Por outra parte, nos ciclos formativos hai alumnado de toda a comarca e, nalgún caso (como no ciclo de Educación Infantil) tamén doutras zonas de Galicia.
A formación base deste alumnado é moi diferente: alumnado que accede mediante probas de acceso, alumnado procedente da FP_Básica e/ou da ESO, alumnado co título de Bacharelato e incluso alumnado que realizou en parte ou na súa totalidade estudos universitarios, así como persoal que xa está traballando dalgún xeito en sectores relacionados cos estudos a realizar.
Hai unha pequena parte de alumnado inmigrante, especialmente de orixe latinoamericana, pero con certa presenza de alumnado de orixe norteafricano e de Europa central.
O nivel socio-económico-cultural dos alumnos do I.E.S. Daviña Rey é medio.
As características máis importantes da nosa contorna son:
- A nivel económico: O noso Instituto está situado na cabeceira dunha comarca na que unha gran maioría da poboación vive dedicada ao sector servizos.
Tanto na zona que rodea Monforte como nos concellos limítrofes de xeito tradicional dedicáronse á agricultura e gandería, actividades do sector primario, que na actualidade están moi minorizadas e case limitadas a algunhas explotacións, moi poucas, en cada concello.
No momento actual, inténtase retomar dun xeito un pouco máis industrial a produción agrícola aproveitando a zona de concentración parcelaria que limita Monforte e que dispón de regadío, facendo uso de invernadoiros. É moi pouco o persoal ocupado no sector primario.
A ocupación dunha gran parte dos habitantes desta comarca é no sector servizos: algunhas industrias que aínda se conservan en funcionamento (do calzado),industrias metalúrxicas, algunha industria relacionada coa leite, a empresa de Magnesitas coa mina, traballos no sector da construción nalgún momento altamente desenvolvida, pero agora en recesión, empregos en diferentes sectores comerciais (talleres de automoción, instaladores…) e na hostalería, algunha empresa que empeza a despuntar no sector enerxético e de telecomunicacións que está a recoller un sector da xuventude para desenvolver a súa actividade e, fundamentalmente, os traballos relacionados co sector sociosanitario, xa que na cidade atópase o Hospital Comarcal dependente do Sergas e hai unha gran cantidade de poboación envellecida e con necesidades derivadas da súa dependencia, polo que están a proliferar os empregos relacionados coa axuda no fogar e nas empresas destinadas á atención dos maiores (xeriatría).
- A nivel social e cultural: Monforte dispón dun Hospital Comarcal e en cada un dos concellos limítrofes hai Centro de Saúde.
En Monforte, dispoñemos dunha unidade de atención á drogodependentes coa que se colabora amplamente dende o Instituto realizando actividades de asesoramento e prevención de diferentes tipos de dependencias: drogas, alcol, xogos, tabaco,incluso telefono móbil.
Tamén hai un Centro de Información á Muller. En colaboración co mesmo crealízanse obradoiros para os diferentes niveis de alumnado.
En todos os concellos da zona de influencia, disponse de biblioteca e os propios concellos organizan actividades culturais durante todo o ano relacionadas con diferentes celebracións: samaín, entroido, rutas de sendeirismo por diferentes paisaxes ....
Os concellos promoven o desenvolvemento de actividades deportivas diversas, de feito no concello de Monforte hai clubs deportivos de diferentes especialidades: fútbol, taekondo, atletismo, ciclismo, ximnasia rítmica, voleibol...
Tamén dispoñemos na cidade dunha Escola Oficial de Idiomas á que asiste unha parte do alumnado e outro persoal do Centro, un Conservatorio Municipal "Mestre Ibáñez" e unha escola privada de novas músicas, así como algún centro privado de ensinanzas artísticas.
Ademais, a Casa da Cultura de cada concello programa actividades diversas para os veciños.
Cómpre indicar que o noso Instituto colabora con todas as entidades públicas e incluso privadas na realización de múltiples actividades ao longo docurso académico, así como cos outros centros tanto de Monforte como da nosa bisbarra.
A nivel lingüístico: Atendendo á situación xeográfica do noso centro, interior e sur da provincia de Lugo, o idioma predominante na poboación é o galego, aínda que no casco urbano de Monforte está moi implantado o castelán. Poderiamos dicir que se trata dunha poboación bilingüe. É salientable que nos últimos tempos hai unha gran afluencia de inmigrantes sudamericanos (maioritarios), polo que "é como se se falase máis castelán".
No proxecto lingüístico do IES e no proxecto lector recóllense as diversas actuacións a realizar para normalizar o emprego do galego como lingua propia de toda a comunidade educativa.
Representación do profesorado e alumnado nos distintos órganos de decisión
Equipo directivo: 3mulleres e 2 homes
Claustro 25-26 está formado por 62 profesores e profesoras dos cales 32 son mulleres e 30 homes
Xefaturas dedepartamentos; o centro conta con 23 departamentos de entre as ensinanzas de educación Secundaria, Bacharelato e ciclos impartidos. Dos cales 11 departamentos están dirixidos por mulleres, e 12 departamentos por homes.
Alumnado:
CURSO
MULLERES
HOMES
TOTAL
1ºESO
11 M
8 H
19
2º ESO
13 M
17 H
30
3º ESO
11 M
13 H
24
4º ESO
13 M
9 H
22
1º BAC
14 M
16 H
30
2º BAC
13 M
8 H
21
1º FPBÁSICA ELECTRICIDADE
1 M
14H
15
1º FPBÁSICA MECÁNICA
1 M
10 H
11
2º FPBÁSICA ELECTRICIDADE
0 M
5 H
2º FPBÁSICA MÉCANICA
0 M
6 H
6
1º ciclo electromecánica de vehículos
0 M
21 H
21
2º ciclo de eletromecánica de vehículos
3 M
6 H
9
1º instalacións de telecomunicacións
1 M
9 H
10
2º instalacions de telecomunicacións
0 M
10 H
10
1º sistemas de telecomunicacións e informáticos
2M
18 H
20
2º sistemas de telecomunicacións e informáticos
0 M
5 H
5
1º coidados auxiliares
42 M
9 H
51
2º coidados auxiliares
21 M
5 H
26
1º ciclo de educación infantil
17 M
2 H
19
2º ciclo de educación infantil
18 M
5 H
23
1º atención as persoas en situación de dependencia
17 M
2 H
19
Ciberseguridade en contornas das tecnoloxías de operación
0 M
14 H
14
Sistemas de sinalización e telecomunicacións ferroviarias
1 M
8 H
PAS: contamos 8 persoas, das cales 7 son mulleres e 2 son homes.
Na obtención do título de Educación Secundaria Obrigatoria obtiveron o título no curso 24-25 o 76% do alumnado.
Na obtención do título de Bacherelato obtiveron o título o 88% do alumnado
No relativo ao abandono escolar temperán, taxa de idoneidade e absentismo escolar: respecto ó absentimo escolar o curso 2024/2025, abríronse 4 expedientes de absentismo e deles 3 comunicáronse ós servizos sociais. No tocante a este curso académico, ata o mes de novembro hai 4 protocolosde absentismo abertos.
A taxa de idoneidade que manexa o centro nas etapas de educación secundaria e bacharelato é a seguinte:
1º ESO
89%
2º ESO
96%
3º ESO
75%
4º ESO
95%
1º BAC
93%
2º BAC
90%
TOTAL
90%
Rexistro de condutas contrarias á convivencia e conflitividad escolar:
Nocurso escolar 2024-25, rexistráronse 343 partes de orde debido a condutas contrarias á convivencia correspondentes a uns 75 alumnos/as. Destacan as condutas de desobediencia, faltas de respecto, condutas disruptivas na aula e faltas de urbanidade relacionadas coa condutas cívicas. Así mesmo, tivéronse que abrir 14 procedementos correctores de conduta.
No tocante ó curso escolar actual, ata o mes de novembro, uns 40 alumnos tiveron algún parte de amonestación, sen ter repercusións de medidas correctoras de condutas graves á convivencia. Así mesmo, a 2 alumnos abríronselle sendos expedientes correctores de conduta por agresións físicas a compañeiros.
Acceso ó rexistro de incidencias de conduta.
- Fomentar a elaboración, elección e uso de materiais didácticos inclusivos e coeducativos.
- Facilitar modelos pofesionais e vitais diversos que rompan roles de xénero e que favorezcan unha perspectiva aberta, plural e positiva.
- Fomentar dinámicas educativas libres de estereotipos de xénero, favorecendo que o alumnado poida desenvolver o seu proxecto vital sen condicionamentos.
- Implulsar unha orientación académica e profesional libre de estereotipos.
- Facer visible o traballo en Igualdade de Xénero que se está a levar a cabo a través dos espazos máis visibles na entrada do centro e nos corredores con moita afluencia.
- Desenvolver actividades extraescolares que potencien as relacións de igualdade entre o alumnado.
- Revisar e actualizar a biblioteca en materia de coeducación e ter unha sección específica.
- Abordar a detección precoz e a resposta eficaz e sistémica á violencia de xénero e outras formas de abuso, discriminación e violencia asociadas.
- Apoio ao alumnado vítima de violencia de xénero e ás persoas que viven nos seus fogares esta situación. Traballarase en coordinación con Servizos Sociais e Xustiza.
- Reforzar a sensibilización e concienciación social sobre a violencia de xénero en todas as súas formas e manifestacións.
- Coordinar o traballo coas institucións do contorno: Concello, CIM, Servizos Sociais, Servizo de Saúde,…..
-Favorecer a formación do profesorado para o tratamento da diversidade afectivo-sexual.
-Colaborar cos axentes socioeducativos e de formación en materia de saúde, para a abordaxe integral da saúde afectivo-sexual entre todas as persoas da Comunidade Educativa.
-Promover valores e actitudes inclusivas e normalizadoras respecto da orientación sexual e das identidades de xénero.
-Impulsar modelos igualitarios nas relación afectivo – sexuais.
-Axudar a tomar conciencia do valor da saúde sexual e xerar nos adolescentes habilidades e estratexias para vivir a súa sexualidade de forma positiva e previr os riscos asociados (embarazos non desexados, infeccións do VIH – SIDA eoutras enfermidades de transmisión sexual).
Favorecer a adquisición de material específico (libros, manuais, películas,…) para previr a LGTBIFobia.
- Garantir o respecto ás manifestacións de identidade dexénero que se desenvolven no ámbito educativo así como a intimidade do alumnado que realice tránsitos sociais.
- Previr actitudes ou comportamentos homofóbicos, lésbicos, bifóbicos e/ou transfóbicos que impliquen prexuízos e discriminación por razón de orientación sexual, identidade ou expresión de xénero.
- Facilitar a coordinación entre os diferentes profesionais.
- Promover a formación do profesorado.
- Visibilizar de forma clara e comprensibleo fenómeno da transversalidade na infancia e na xuventude.
-Coa colaboración e implicación directa do Equipo Directivo propóñense as seguintes medidas:
a) Favorecer a representación de homes e mulleres nos órganos de decisión e representación polo menos de xeito equitativo.
b) Manter sempre unha persoa responsable en materia de igualdade no Consello Escolar para dar impulso ao Plan de Igualdade.
c) Promover a formación do profesorado en materia de igualdade promovendo actividades de formación a través do PFPP,CEFORE,…
d) Promover a formación do alumnado e das familias en materia de igualdade através de charlas, obradoiros,…
e) Coa axuda da Xefatura de Estudos, levaranse a cabo as seguintes acción:
- Coidado en non empregar unha linguaxe sexistas nos comunicados e escritos oficiais do centro.
- Analizar o motivo das expulsións e amonestacións, se se diferenzan segundo sexan mozos ou mozas.
- O absentismo segundo o xénero e a idade.
- O abandono dos estudos segundo o sexo e a idade.
- A elección de estudos de FP e Optativas segundo sexo e idade.
- Promover que os diferentes departamentos fagan unha revisión da súa programación para adecuar a linguaxe e introducir obxectivos a prol da igualdade.
f) Colaborar con outras entidades do contorno na realización de actividades coeducativas.
g) Concretar actividades arredor de datas coeducativas do calendario escolar (25 de Novembro, 8 de Marzo, 11 de Febreiro,….)
h) Ofertar materias específicas de igualdade de xénero.
i) Revisar os materiais didácticos con perspectiva de xénero e dotar de máis recursos a Biblioteca do Centro.
j) Deseñar e coordinar actividades complementarias e extrescolares incluíndo a perspectiva de xénero.
Revisar as Programacións Didácticas desde unha perspectiva de xénero e incluír as mulleres relevantes en cada ámbito do saber, os saberes asociados tradicionalmente ás mulleres, as desigualdades de xénero, a historia do feminismo como movementosocial,…
-Revisar o material empregado na aula.
-Realizar actividades de sensibilización a través do Plan de Acción Titorial, traballando os seguintes temas:
a) Educación emocional en igualdade.
b) Uso non sexista da linguaxe, a nivel escrito e oral.
c) As desigualdades por razón de sexo.
d) Os mitos do amor romántico.
e) Diversidade afectivo sexual.
f) Visibilización das mulleres nos distintos campos do saber.
g) Análise dos estereotipos de xénero, tanto napublicidade, televisión, música, como nos espazos de ocio do centro educativo efóra del.
-Implementar un Plan de Orientación Vocacional libre de estereotipos de xénero.
-Conmemorar as datas sinaladas no Calendario Escolar relacionadas coa igualdade.
-Impulsar o uso da web e as redes sociais do IES para difundir todas as accións que se leven a cabo.
-Difundir información a través dos taboleiros da entrada do centro.
-Dar visibilidade a sección de feminismos da Biblioteca e promover as lecturas coeductivas entre os mozos e mozas.
-Revisar a idoneidade dos contidos audiovisuais que se proxectan no centro.
-Revisar a idoneidade das entidades colaboradoras, sobre todo das empresas onde o noso alumnado de FP remata a súa formación.
-Xestionar as actividades e a ocupación do pequeno patio do que disponemos nocentro para favorecer a inclusión.
-Promover a participación do sexo menos representado nas actividades científico-tecnolóxicas, deportivas, artísticas,de coidado,…..
Promovero respecto e o bo trato entre homes e mulleres en toda a comunidade educativa.
-Promover actividades de coidado entre persoas, do medio ambiente, etc.
-Promover o respecto cara a diversidade sexual e de xénero.
-Promover metodoloxías activas, participativas e cooperativas.
-Promover a corresponsabilidade na realización das tarefas.
-Promover actividades de intervención social na comunidade educativa.
A avaliación deste Plan de Igualdade levarase a cabo en torno a tres eixos fundamentais queinforman sobre qué se fixo, cómo se fixo e qué se conseguiu.
Na avaliación de resultados valorarase o seguinte:
- Grao de cumprlimento dos obxectivos propostos no Plan.
- Grao de consecución dos resultados esperados
- Nivel de corrección das desigualdades detectadas.
Na avaliación dos procesos teremos en conta:
- Nivel de desenvolvemento das accións emprendidas.
- Grao de dificultade atopado e/ou percibido no desenvolvemento das acción.
- Tipo de dificultades e solucións emprendidas.
- Cambios producidos nas accións e desenvolvemento do Plan.
Na avaliación do impacto teremos en conta:
- Redución de desequilibrios na presenza eparticipación de mulleres e homes.
- Aumento do coñecemento e concienciación respecto da igualdade.
- Mellora do ambiente de traballo.
Para a valoración destes elementos teremos en conta as actas das reunións levadas a cabo, cuestionarios para o alumnado e profesorado, escalas de valoración, …. e demais instrumentos que nos axuden afacer a avaliación e seguimento do mesmo.