Benvida

O IES DAVIÑA REY leva dende o ano 2008 sendo sede oficial de AULA MENTOR en Monforte de Lemos.

Na OFERTA EDUCATIVA de AULA MENTOR podes atopar más de 170 cursos de FORMACIÓN ON LINE, e con posibilidade de formar a todo tipo de colectivos : estudantes, profesor@s, autónomos, funcionari@s, traballador@s en activo de diferentes sectores, persoas en paro que desexen adquirir novas competencias profesionais , xubilad@s...

A matrícula está aberta ao longo de todo o ano ( salvo nas vacacións escolares ) e conta con CINCO CONVOCATORIAS para a realización de EXAMES : febreiro, abril, xuño, outubro e decembro.

O prezo dos cursos está ao alcance de todos os petos, pois a matrícula ten un custe de 48 €, salvo aqueles que sexan de curta duración que poden facerse por 24 €, e mesmo hai tamén en diferentes momentos do ano algúns cursos que poden facerse de maneira totalmente gratuíta.

HORARIO ATENCIÓN PÚBLICO

LUNS : 12,35 a 13,25

MÉRCORES : 11,45 a 12,35

VENRES : 11,45 a 12,35