Máis información
Experiencia naturalista: Saída de avelaíñas.
Manuel Cernadas e Elia Pérez ofrecen unha saída nocturna (3 horas) a un entorno natural a un grupo de 4-5 persoas, para desfrutar destes fermosos animais, tan descoñecidos como abraiantes.
Máis información
Experiencia naturalista: Saída a O Veral (Lugo).
Sheila González, Manuel Cernadas e Elia Pérez ofrecen un roteiro naturalista (3 horas) á ruta das Chousas en O Veral (Lugo) a un grupo de 4-5 persoas, para desfrutar das Chousas, a fauna do río Mera e da antiga canteira.
Máis información
Título: Aves da Limia I e II, dende a Lagoa de Antela ata os nosos días.
Autores: Antonio Villarino, Serafín González e Felipe Bárcena.
Doado por: Manu Ruíz.
Máis información
Caderno de Natureza de Tundra ediciones (Nº 14): Libélulas: Introducción a las especies ibéricas.
Autor: Víctor J. Hernández. Ilustracións: Calros Silvar. Formato: 21X10 cm. DESPLEGABLE.
Doado por: Calros Silvar.
Máis información
Taza do Certame de debuxo “Vida silvestre do encoro de Cecebre”. Ilustración de Calros Silvar (cortesía de Emalcsa).
Máis información
Experiencia naturalista: Anelamento científico.
O Grupo de Anelamento Hércules ofrecen unha xornada (3 horas) a Ponteceso a un grupo de 4-5 persoas, para aprender do seu traballo e das aves que eles estudan.
Todo o recadado por adquirir os obxectos ou experiencias naturalistas do Faiado vai destinado INTEGRAMENTE para a entidade de custodia do territorio que escollas.
É imprescindible a introdución dos teus datos para poder poñernos en contacto contigo e formalizar a doazón.
Só poden participar maiores de idade.
Recibirás un correo electrónico con toda a información da túa aportación persoal.
Unha vez recibida a túa solicitude, un/ha compañeiro/a do GN Hábitat porase en contacto contigo para indicarche o xeito de formalizar a doazón.
As experiencias non teñen data fixa de realización, será mediante acordo entre ambas as dúas partes.
Le atentamente e responde a todas as cuestións necesarias. Para calquera dúbida ou aclaración, podes poñerte en contacto en: habitat@gnhabitat.org / 981 135 014.
Tamén podes colaborar doando materiais que podan axudar a recadar fondos para as entidades de custodia do territorio que traballan para conservar o noso Patrimonio Natural. Se estás interesad@, podes poñerte en contacto con nós en habitat@gnhabitat.org.