O mércores 7 de outubro, alumnado de 1º e 2º da ESO recibiu unha charla da Cadena SER na que os xornalistas, Alfonso e Luz, nos achegaron á realidade das fake news e dos bulos a través de Internet e das redes sociais.
Aprendemos que todas e todos temos responsabilidade nesa cadea: quen publica, quen comparte, quen difunde… Porque moitas veces a desinformación ten consecuencias e pode afectar de maneira seria á saúde, á convivencia e á dignidade das persoas.
Grazas, Alfonso e Luz e todo o equipo e Radio Pontevedra- Cadena SER por axudarnos a mirar esta realidade con máis espírito crítico.
O xoves 17 de setembro, alumnado de 4º da ESO e 2º de Bacharelato visitou Radio Pontevedra para coñecer de preto como funciona unha radio profesional e vivir en directo programas como Hoy por Hoy e La Opinión.
Foi unha experiencia estupenda que nos serve para seguir aprendendo e preparando a nosa participación na 3ª edición dos Premios José Hermida.
E agora… tócanos practicar…
Agardámosvos no noso estudio de radio escolar FMSRadio, na biblioteca, os luns e xoves durante os recreos!!!
Durante o curso 2025 2026 puxemos en marcha unha nova aventura: FMS Radio. O que comezou como unha idea converteuse nun espazo de encontro, creatividade e aprendizaxe compartida, onde descubrimos que a radio é moito máis ca un micrófono: é unha forma de escoitar, comunicar, crear e aprender xuntas e xuntos.
Compartimos a MEMORIA DAS ACTIVIDADES desenvolvidas ao longo do curso 2025-2026, reflexo de todo o vivido e do moito que aínda está por vir.
Voltaremos en setembro con novas ideas, novas voces e a mesma ilusión por seguir aprendendo a través da radio.