A área de TECNOLOXÍA engloba múltiples disciplinas coas que se pretende que o alumnado adquira unhas destrezas básicas para que aprenda a resolver problemas e a tomar decisións aplicando o método de proxectos. O emprego e coñecemento das TIC favorece a adaptación e integración á sociedade actual da información e comunicación.
Dende que os seres humanos fabricaron as primeiras ferramentas para facilitarlle as necesidades básicas de alimentación, protección ou abrigo, ata os actuais coñecementos en todo tipo de ciencias e tecnoloxías transcurriron miles de anos. Cada novo coñecemento, cada novo invento, cada nova innovación ou cada nova aplicación permitiron mellorar notablemente a calidade de vida das persoas.
Todo este coñecemento tecnolóxico que fomos acumulando ao longo da historia ten o seu lado escuro. Se non facemos un uso responsable dos recursos que nos brinda a natureza, esa mesma tecnoloxía que nos permitiu acadar o actual nivel de benestar, paradóxicamente, pode "acabar" co noso fogar: o planeta terra.
ESTIMADOS ALUMNOS, NO MENÚ DA ESQUERDA PODEDES ACCEDER AOS APUNTES, EXERCICIOS E PROXECTOS QUE FACEMOS NA CLASE. TEREDES ADEMÁIS VIDEOS, ENLACES E RECURSOS PARA PODER REPASAR E AMPLIAR OS VOSOS COÑECEMENTOS.