Cursos e Formacións

Trátase dun programa de formación e orientación para para apoiar e acompañar os mozos e mozas que se atopan nun momento de inicio laboral tras remataren os seus estudos de grao ou de FP superior. Con esta iniciativa preténdese que os/as participantes potencien as súas habilidades e competencias a través dunha rede de mentores do eido empresarial galego. 

Poden participar as persoas de entre 18 e 30 anos inscritas e beneficiarias do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil con estudos finalizados de grao, de FP superior ou de ensinanzas de réxime especial.  

Do 28 de agosto ao 18 de setembro