PAINTERS

Os rapaces de 5º estiveron elaborando unha tarefa para Arts and Crafts sobre distintos pintores. Investigaron sobre a súa vida, a súa obra e algunha curiosidade.

Os artistas traballados foron Picasso, Dalí, Klee, Klimt, Haring, Matisse, Monet, Munch, Frida Kahlo, Britto,... entre outros.

Con toda a documentación que recopilaron, elaboraron unha presentación, un Genially, e fixeron a representación dun cadro do pintor que lles tocara. Por úlimo fixeron cadansúa exposición en inglés tanto na súa clase coma no outro quinto. Polo que estiveron traballando TICs, debuxo e inglés, of course!! Aprendimos todos moito e sobre todo o disfrutamos.

Vídeo resume da tarefa en cada aula

Aquí van algunhas fotos do proceso

Aviso Legal | Colexio Plurilingüe María Auxiliadora Vigo | Rúa Venezuela, 9 - 36203 Vigo | Tel. 986 433855 - 986 434064 | mauxiliadora@salesianosvigo.es | "Unha escola para medrar e soñar"