Jiquilismo

Tratábase de que, por grupos cooperativos, creasen un proxecto de empresa que ía producir pendentes típicos das mulleres de Jiquilisco, que elaboraron con abelorios, arames e ganchos de aceiro, inspirándose nos traxes orixinais desta poboación salvadoreña. Ademais, tiveron que pensar a que público irían dirixidos, explicándolle previamente a realidade deste lugar, o custe de produción dos pendentes ou a que prezo serían vendidos e creando a campaña de marketing correspondente, na que se incluíron unha cuña e mais un cartel publicitarios.

Nesta tarefa traballaron estándares de aprendizaxe tales como:

  • describir diversas formas de organización empresarial,
  • identificar diferentes tipos de empresa consonte o seu tamaño, así como o sector económico ao que pertencen e as actividades que desenvolven.

Asemade, comentaron imaxes e anuncios publicitarios e recoñeceron a diferenza entre a realidade dos produtos e a forma na que se anuncian.

Tamén tiveron que investigar sobre a educación, a xeografía, o clima, a cultura, a gastronomía e demais particularidades de Jiquilisco para, mediante a Competencia de Aprender a Aprender, explicárllelo aos cursos de 4º e 5º.

Deste xeito, coincidindo co día do Bocata Solidario, vendéronse a 1 euro baixo o lema de Jiquilisco, e, os 50 € obtidos de beneficios foron destinados a esta localidade, xa que a ela se dedicaba este ano a recadación de Mans Unidas.


Aviso Legal | Colexio Plurilingüe María Auxiliadora Vigo | Rúa Venezuela, 9 - 36203 Vigo | Tel. 986 433855 - 986 434064 | mauxiliadora@salesianosvigo.es | "Unha escola para medrar e soñar"