Estudar con sentidiño

Aquí van algunhas pistas para estudar con sentidiño... Moitas seguro que xa as coñeces, pero non por eso deixan de ser eficaces...

#1 Establece metas de estudo

Ao comezo de curso define as túas metas de estudo. As metas servirán como motivadores e tamén como elementos para facer unha avaliación realista. Se definiches as túas metas de estudo ao comezo do ano académico, a primeira avaliación é o momento ideal para parar e facer un repaso do teu progreso nos meses pasados. Pregúntate cuestións crave como; Establecín metas realistas? ou Necesito traballar máis duro para alcanzar os meus obxectivos? Asegúrate de que o teu horario de estudo está baseado nos teus obxectivos de estudo e que ambos están estreitamente vinculados.

#2 Constrúe un plan de estudos

Rompe co costume de deixar os estudos para os exames para o último minuto deseñando un calendario de estudo efectivo. Deixar os estudos para última hora debe ser o recurso para aqueles estudantes aos que non queda ningunha outra opción. Non te convertas nese estudante; non é unha maneira sustentable de aprender. Toma o tempo necesario para preparar e priorizar o teu plan de estudos para manter a motivación ata o fin do ano escolar.

#3 Toma descansos con regularidade

Non es un superheroe, así que non hai maneira humana de que poidas facelo todo sen tomar un respiro para recuperarte do esforzo realizado. Planifica a túa rutina de estudos incluíndo tempo para ti e descansos dos estudos é importante por diversas razóns. Un estudo levado a cabo nos Estados Unidos probou que dar un paseo de 20 minutos antes dun exame impulsa a túa capacidade cerebral. Esta idea tamén pode ser aplicada aos estudos diarios. Cada 50 minutos de estudo, 5 de descanso.

#4 Ponte a proba

É estraño pero, se o pensas, algunhas veces simplemente fai falta entrar nun exame para que empezos a esquecer todo o que aprendiches. O remedio para este fenómeno que moitos estudantes como ti sofren é preparse mentalmente para a presión e a tensión que supón un exame. Por iso, afrontar regularmente a tests cronometrados, a que alguén te pregunte, a autoavaliacións, ... é unha das mellores alternativas para afacerte a este tipo de situacións. Canto máis practiques, mellores resultados obterás.

#5 Atopa un bo equilibrio

Hai que estudar, sair, facer deporte, ir con amigos. ... Deixa de dicir : Estou falto de soño? ou Estou a comer demasiada comida lixo? e fai algo respecto diso! Introude cambios saudables e verás como afectan positivamente á túa rutina de estudo.

#6 Se positivo

A túa actitude ten un gran impacto na cantidade de tempo que podes adicar a estudar e á efectividade no teu proceso de aprendizaxe. Se continúas dicindo que non podes facelo e non te comprometes coa idea de aprender, calquera intento de estudar farase aínda máis duro para ti. Mantén a fronte ben alta e sei positivo. Ti es o dono do teu futuro.

#7 Rodéate de boa xente

A estas alturas, xa deberías coñecer quen che merece a pena estar ao seu lado e quen non. Os exames crearán un stress moi elevado, e que mellor maneira que compartir os teus sentimentos con alguén que te axude, a túa familia e amigos?.

#8 Converte as leccións en historias

A todo o mundo gústalle ler ou escoitar unha boa historia. Ademais, as historias non só entretemento, senón que fan que a información perdure na nosa memoria durante máis tempo. Isto pode converterse nunha arma moi poderosa se o aplicamos ao noso estudo correctamente e tentamos darlle vida á nosa leccións a través de historias que xeren reaccións no noso cerebro.

#9 Establece unha boa rutina de estudos

A túa rutina de estudos implica máis que planificar que estudar e cando. Unha das áreas nas que che has de fixar é a contorna de aprendizaxe. Atopa un lugar de estudo que sexa tranquilo e con poucas distraccións. Tamén podes probar a cambiar de mesa na biblioteca cada día e ver como che funciona.

#10 Mellora as túas técnicas

Ter unha boa técnica de estudo é fundamental para acadar un resultado eficiente. Neste site atoparas pístas para mellorar a túa técnica e sempre podes recurrir ao departamento de orientación para atopar asesoramento.