Calendario en galego

Os nenos e nenas de 2º de primaria estiveron preparando no mes de decembro un agasallo moi especial para os seus veciños de primeiro. Pensaron que non habería mellor forma de felicitarlles o aninovo que facéndolles un calendario personalizado para poñer na súa aula e que non esquecesen as datas importantes do 2017 (como por exemplo as nosas queridas festas de Don Bosco e María Auxiliadora).

Cada un preparou un mes do ano, e entre todos deseñaron a portada, na que decidiron amosar o amor que lle teñen á lingua galega.

Coa elaboración desta tarefa os alumnos levaron a cabo una aprendizaxe cooperativa investigando por grupos as datas importantes dos meses do ano asignados, aprenderon novo vocabulario en galego e practicaron coa lingua galega nos distintos actos comunicativos que se fixeron na aula.

Aviso Legal | Colexio Plurilingüe María Auxiliadora Vigo | Rúa Venezuela, 9 - 36203 Vigo | Tel. 986 433855 - 986 434064 | mauxiliadora@salesianosvigo.es | "nha escola para medrar e soñar"