A idea deste proxecto é crear un vínculo de cooperación entre toda a Etapa, preténdese, que xa que a nova situación do Covid19 impide o traballo en cooperativo, darlle a oportunidade ao alumnado de acadar xuntos un obxectivo común potenciando o traballo en equipo.
Este proxecto está incluído dentro do Plan Lector da Etapa. Leremos varios libros, seleccionados por cada curso, que traballan os valores do proxecto, ademais pretendemos potenciar a lectura libre do alumnado polo que cada libro lido por eles acadará una bóla da cor do valor correspondente unha vez explicado o contido do libro.
Ao longo do curso o alumnado terá que conseguir as diferentes pedras de cores que servirán para completar a luva dos valentes. Para iso terán que encher uns botes cada un dunha cor diferente que irá asociado a un valor:
solidariedade, esforzo, xustiza, responsabilidade e autonomía.
No 1º trimestre, acadamos xa a xema da SOLIDARIEDADE por todos os libros que limos relacionados con este valor, polos debuxos que fixemos no Nadal sobre este tema e pola nosa grande participación nas campañas solidarias organizadas polo centro: DOMUND, CEA SOLIDARIA e OPERACIÓN QUILO.
Neste 2º trimestre pretendemos acadar á da RESPONSABILIDADE fomentado o coidado do medio ambiente a través do Programa Recreos Residuos cero, reducindo o consumo de plásticos. E por suposto continuar lendo un montón de libros…
Queres saber como conseguimos as primeiras xemas e que estamos facendo para conseguir as seguintes? Mira o seguinte vídeo resumo do proxecto estrela do Divino Maestro!