Este curso o Plan lector da etapa de Primaria vai vinculado a un tema moi actual e necesario, os OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE, é dicir, AXENDA 2030. Queda moi pouco tempo e moito que arranxar aínda, polo que a través das nosas lecturas pretendemos coñecer cales son as metas que hai que acadar nestes obxectivos e aportar a nosa colaboración, hai que actuar. Nesta misión contaremos cuns colaboradores que guiarannos neste camiño. Xa iremos contando o que vai acontecendo, estade atentos ás novas.