Os oficios no portal de Belén

Os oficios no Portal de Belén

Trátase dun proxecto que se vai realizar antes do Nadal e no que se quere resaltar a importancia que os oficios manuais tiveron na antigüidade e que a pesar dos adiantos da tecnoloxía continúan realizándose e son precisos e moi útiles para a sociedade.

O que se pretende é valorar a toda a xente que continúa traballando neses oficios, así como concretar as intelixencias que son precisas para realizalos.

Cada curso traballará un oficio: 1º e 2º EP oleiros/as, 3º EP os xornaleiros/as, 4º EP lavandeiros/as, 5º EP costureiros/as e 6ºEP carpinteiros/as.

Traballaranse todas ás áreas de maneira interdisciplinar, desenvolvendo todas as competencias.