1º ESO 22_23 "AS ESPECIES VEXETAIS DOS MAIOS"
Os maios, unha tradición coa que celebramos o comezo da primavera, unha festa típica da nosa cultura da que queremos facer partí noscipes a todo o noso colexio. Un gran reto para todos que esperemos perdure por moitos anos e poidamos celebrar cada maio xuntos.
Para a elaboración dos maios contamos coa axuda dos alumnos de 1º ESO. Este grupo encargouse de elaborar unha páxina web na que temos información moi importante, onde amosamos con detalle as diferentes especies de plantas que temos que buscar na nosa contorna para comezar coa súa elaboración Axúdasnos? 😉🌿🌼🥚🌸🌻🌱
3ºESO_4ºESO 22_23 CONTAMINACIÓN DAS AUGAS SUBTERRÁNEAS
Dúas alumnas da ESO do nosos colexio, Laura e Alexandra, participaron co proxecto "Contaminación das Augas Subterráneas" na primeira edición do CinVigo, un festival da ciencia que se celebroú os días 22 e 23 de abril no centro da nosa cidade. O obxetivo e aproximar a ciencia a todos e disfrutar dos proxectos levados a cabo por alumnado da ESO, Bacherelato e Formación Profesional.
Parabéns as nosas representantes polo seu traballo e a súa participación.
VIDEO EXPLICATIVO preme neste enlace, Laura e Alexandra explicaranche o seu proxecto.