Foi fundada por Manuel Álvarez Pérez, un emigrante retornado de Cuba, quen iniciou o negocio vendendo artigos de cerámica e vidro. Experimentou o seu maior auxe entre as décadas de 1960 e 1970, converténdose na maior industria de louza e porcelana de España.
Foi un motor económico clave para Vigo e a súa área metropolitana durante décadas. Co seu centro principal en Cabral, a empresa empregaba a máis de 5.000 traballadores.
Fai unhas semanas fomos visitar un home que amosounos os seus coñecementos que foi adquirindo ao longo da súa vida como tallador vidro. Realizando a mesma lavor que moitos dos nosos antepasados realizaban na fábrica de Alvarez.
Ensinounos paso a paso como realizaba unha peza tallada en vidro. Agora himos adxuntarvos unhas imaxes dos seus instrumentos de traballo.
BREVE EXPLICACIÓN DO PROCESO:
Elixiu o diseño que quería facer e dibuxouno
Marcou a peza
Realizou os trazados(diseño)
Puliu a peza
Durante o proceso foi empregando distintos tipos de rodas.
RODAS
MAQUINA 1
MAQUINA 2
MAQUINA 3