Boas familias!
Somos Caty, Iris e Rosana e, xunto co noso alumnado, pretendemos que este site sexa unha xanela aberta para achegaros a nosa maneira de traballar e de aprender facendo. Deste xeito, coa realización deste proxecto queremos que o alumnado de Educación Infantil acade os seguintes obxectivos:
Achegar ao noso alumnado a descubrir os elementos culinarios máis importantes de Galicia.
Facer aos cativos e cativas partícipes do seu propio aprendizaxe.
Potenciar o traballo colaborativo, a participación, o pensamento crítico, a toma de decisións e afrontar retos.
Desenvolver destrezas, aplicar coñecementos e potenciar a motivación individual e colectiva dos grupos aula.
Todo comezou un 29 de febreiro, tras xuntarnos nunha aula de infantil, para visualizar un vídeo diferente aos que soemos ver. Nel pódese apreciar uhha das nosas maoires riquizas: a gastronomía galega.
A gastronomía galega basase na hospitalidade e nesa sensación de fogar tan agradable, cando nos atopamos lonxe da nosa terriña e sentimos "morriña".
A era romana sinala o comezo da nosa gastronomía,xa que algúns pratos chegarón a nosa mesa practicamente intactos. Como bos galegos, sempre somos fieis aos nosos costrumes e aínda máis se trata da nosa comida.
A gastronomía galega tamén coñecida como "dieta Atlántica" , cuyos principais protagonistas son os productos do noso mar e da nosa horta.
Tras este visionado xeral, decidimos centrarnos no producto estrela de das sobremesas galegas. Varias localidades veneran ás filloas, pero destaca a parroquia de Lestesdo, en Boqueixón. As súas máis de 32 edicións adicadas á filloa son un bo aval.
Tras o visionado, preguntámoslle se sabían que era o que viran nas imaxes. Un neno respondeu que era unha filloa. Outro, manifestou que iso na súa casa se facía. Tras un tempo no que os nenos falaban, propuxémoslles se querían saber máis cousas sobre as filloas. Todos eles, rápidamente, responderon que si. Por iso, puxémosnos mans na masa, nunca melor dito.
Elaboramos unha rutina de pensamento para indagar sobre os coñecementos que saben os máis cativos do cole en relación as filloas e o que lles gustaría aprender sobre elas. A participación foi moi activa e incluso chegáronos a sorprender sobre as cousas que sabían.
Aquí deixamosvos un vídeo resumo da rutina de pensamento, a nosa pizarra de anotacións e un mapa conceptual que fixemos coa axuda dunha aplicación dixital.
Na pizarra fixemos un borrador da nosa rutina de pensamento na que recollimos as primeiras informacións e coñecementos dos nenos e nenas acerca delas. Como podedes observar, ofreceronos datos moi significativos. Posteriormente, manifestaron inquietudes e datos que lles gustaría coñecer e preguntas interesantes das que partir para saber indagar máis sobre esta sobremesa tan galega.
Para recoller información e datos, sobre as filloas, recurrimos a dous rincóns claves da nosa escola: a nosa biblioteca e a aula de informática . Alí, atopamos diversos libros e ordenadores, nos cales puidemos observar diferentes receitas e recadar datos moi interesantes para o proxecto. Grazas ao traballo de lectoescritura feito nas aulas, o alumnado maior de Educación Infantil puido levar a cabo unha enrquicedora actividade de investigación sobre este doce típicpo galego. A través da lectura de diferentes textos, da observación de imaxes e vídeos e a escritura , os nenos e nenas exploraron os ingredientes, os pasos de elaboración e as tradicións vinculadas as filloas.
Esta actividade non só fomentou o interés pola cultura gastronómica galega, senón que tamén permitiu poñer en práctica destrezas fundamentais como a lectura, a escritura funcional e a organización da información recollida. Ademáis, a lectoescritura como ferramenta de investigación despertou a curiosidade do alumnado, promovendo unha actitude activa e participativa no seu proceso de aprendizaxe.
Nunha amena entrevista, a chef galega Rosa Pereira, especialista en comida e repostería tracional, compartíu con entusiasmo connosco a receita dunha das sobremesas máis emblemáticas de Galicia: as filloas.
Ao longo da conversa, non só explicou o proceso de elaboración, sino que nos ofreceu varios trucos e consellos que resaltan a riqueza cultural deste doce típico.
As filloas elaboranse con ingredientes sinxelos: ovos, leite, fariña, raspadura de limón e sal. A nosa chef destacou que a clave está na proporción para lograr una amoado lixeiro e sen grumos, que se deixa reposar durante trinta minutos.
Para cociñalas, Rosa nos dixo que a clave é ter unha boa tixola exclusiva para as filloas. Ela empregou dúas tixolas, ben quentes e engraxadas, previamente, con aceite de xirasol, vertendo nelas unha pequena candidade de amoado e ben extendido por toda a tixola. Segundo Rosa, o truco está en non tocalas ata que os bordes comecen a despegarse, momento no cal ela dalle volta con moita axilidade.
A chef, ao longo da conversa, explicou que as filloas poden elobararse de moitas maneiras a igual que se poden servir de moitos xeitos diferentes. Ela optou por unha opción tradicional, espolvorear azucre e canela.
No trascurso da entrevista, Rosa remarcou a importancia de conservar e de transmitir estas receitas tradicionais, que forman parte da identidade galega. Para ela, facer filloas é moito máis que cociñar; é un acto de memoria e de celebración.
En resumo, na coversa non só nos permitiu descubrir os segredos dunha receita deliciosa, senón tamén para apreciar a tradición, o coidado e o agarimo que Rosa pón en cada filloa.
Como parte do proxecto de Polos creativos, era moi importante a implicación das familias. Por iso, deseñamos unha actividade na que as familias xunto aos seus fillos/as elaborarán filloas no seus fogares. Dita actividade foi un pilar fundamental no desenvolvemento desta experiencia educativa, fortalecendo lazos afectivos, transmitindo tradicións culturais e xerando momentos valiosos de aprendizaxe significativo.
Posteriormente, levouse a cabo un ágora infantil na aula, un espazo de diálogo onde cada neno e nena tiveron a oportunidade de compartir cos seus compañeiros/as a súa propia investigación e a elaboración da receita das filloas xunto a súa familia.
A ágora organizouse coma se fose unha pequena asamblea, fomentando a expresión oral, a escoita activa e o respeto polo turno de palabra. O alumnado foi saíndo o noso atril, para explicar de xeito sinxelo e persoal como recabaron a súa información. Algúns entrevistaron a persoas importantes da súa contorna, quenes lle ensinaron a receita "de toda a vida". Outros trouxeron libros de cociña o imaxes.
A través da ágora, os nenos e nenas non só compartiron os pasos de elaboración da receita, senón que reflexionaron sobre o valor cultural e a importancia de aprender das persoas maiores.
Esta actividade foi moi enriquecedora para todos nós e permitiu traballar as intelixencias múltiples, ademáis de fomentar o orgullo polo noso. Os nenos e nenas, grazas a este espazo, converterónse en protagonistas activos do seu proceso de coñecemento , coa receita sa filloa, como fío conductor.
O feito de que as familias participasen activamente e compartiran as súas receitas ca escola, non só enriqueceu o noso proxecto, senón que permitiu crear unha ponte entre a familia e a escola. Esta colaboración favorece unha educación máis integral, na que o alumnado síntese acompañado e valorado tanto na casa como na aula.
Grazas a esta experiencia conxuntam, reforzóuse o sentido de comunidade e recoñeceuse o papel esencial que teñen as familias como axentes activos no proceso de aprendizaxe dos seus fillos/as.
As filloas de Julia Peña 5º EI
Co obxectivo de coñecer máis sobre unha das sobremesas máis tradicionais de Galicia, desprázamonos ata Lestedo (Boqueixón), para realizar unha entrevista a varios expertos na materia. Os expertos pertencen a "Asociación cultural festa da filloa", de Lestedo. Nesta parroquia do municipio de Boqueixón celebrase a "Festa da Filloa", declarada como festa de Interés Turístico de Galicia. Dita festa reúne cada ano a miles de persoas para festexar e degustar este manxar típico da gastronomía galega.
Ao longo do día, coñecemos as súas instalacións, puidemos conversar cos membros da asociación, expertos na materia e veciños que levan moitos anos participando na festa. Todos coinciden en que a filloa non é só un postre, senón que tamén é unha expresión da cultura e das raíces galegas.
Os nosos expertos explicáronnos a súa receita. a cal contén un elemento máxico, que as fai especiais. Tamén nos derón a coñecer diferentes consellos, anécdotas e trucos para elaborar unha boa filloa. Alí, as filloas elabóranse nos "filloeiros", pranchas grandes circulares quentadas con gas e que seguen o método tradicional.
Ao longo da entrevista, tamén nos contaron que elaboran diferentes actividades culturais, nas que se inclúen varios "Show Cookings" nos que se elaboran receitas na que a protagonista é a filloa de Lestedo.
Ademáis da parte culinaria, os entrevistados e veciños resaltaron o valor social e festivo do evento. A "Festa da Filloa" non só promove a gastronomía, sesón que tamén fortalece a identidade galega e une xeracións ao redor dunha tradición compartida.
En conclusión, a nosa visita a Lestedo foi unha experiencia moi enriquecedora. A través da entrevista aos expertos, puidemos aprender non só como se fan as filloas, senón que coñecemos o significado cultural e emocional ,para os veciños e veciñas deste pobo galego, e que se transmite en cada unha das filloas elaboradas.
Durante a nosa visita a Lestedo, puidemos contempla un acontecento moi significativo do entroido da nosa comunidade autonóma: "os atranques dos xenerais do Ulla".
Os atranques dos xenerais do Ulla son unha das tradicións máis singulares e representativas do entroido galego. Esta celebración ten lugar entre xaneiro e marzo, foi rrecoñecida como unha manifestación cultural de gran valor, tanto pola súa antigüidade como pola súa orixinalidade.
O elemento máis característico desta tradición son os xenerais, personaxes disfrazados con traxes de inspiración militar do século XIX, adornados con cintas, galóns e sombreiros de plumas. Montados a cabalo, percorren as aldeas xunto aos seus séquitos, formados por cornetas, tamborileiros, abanderados e outros personaxes tradicionais, nunha vistosa cabalgata que anuncia a chegada do entroido.
O momento máis esperado son os atranques, enfrentamentos verbais entre dois xenerais que se encontran en camiños ou prazas. En lugar de loitar con armas, enfróntanse empregando discursos humorísticos, irónicos e cheos de crítica social e política . Estas regueifas, recitadas en galego, combinan inxenio, sátira e tradición oral, e reflexan as preocupacións do pobo empregando un ton festivo e teatral.
Son moito máis que unha representación: simbolizan a liberdade de expresión do pobo, a sabiduría popular e capacidade de facer crítica dende o humor. Ademáis, son un exemplo vivo do patrimonio inmaterial galego, trnasmitido de xeración en xeración.
Culturalemente, esta tradición cumpre un papel fundamental: Une ás comunidades, fomenta a participación interxeracional e fortalece o sentimento de identidade local. Grazas ao esforzo dos veciños e veciñas, así como o traballo das asociacións culturais, os "Xenerais do Ulla" lograron manterse vivos, adaptándose ao presente sen perder a súa esencia.
on unha celebración da palabra, do inxenio e da memoria colectiva dun pobo que defende a súa cultura con orgullo e ledicia.
En Lestedo, realizan os atranques dos xenerais do Ulla durante a programación das festas, comezando polas categorías infantís ata os seniors. A continuación, deixámosvos un pequeno atranque infantil celebrado durante a "festa da filloíña". Como vedes, estes dous pequenos son uns verdadeiros artístas . A nena ten 5 anos e é a participante máis pequena deste ano e como observades posee unha gran pacidade de memoria.
Os atranques n unha celebración da palabra, do inxenio e da memoria colectiva dun pobo que defende a súa cultura con orgullo e ledicia.
No marco do noso proxecto de Polos creativos sobre "Xantares Galegos", os nenos e nenas de Educación Infantil participaron nunha actividade moi especial: un show sooking de fillloas. Esta experiencia non só lles permitíu achegarse a unha das receitas máis típicas de Galicia, senón potenciar destrezas motrices, sociais e culturais a través do xogo e da cociña.
O show cooking organizouse nunha aula coma pequena demostración culinaria, na que o propio alumnado, coa axuda das súas mestras, convertironse en pequenos e pequenas chefs por un día.
Durante a realización da actividade, os nenos e nenas aprenderon o proceso de elaboración. Ataviados con seus mandís participaron la decoración das filloas, ao seu propio gusto, empregando diferentes ingredientes: nata, mel, azucre, canela....
Este tipo de actividades favorecen o coñecemento da nosa contorna, o respeto pola nosa cultura e o traballo en equipo. Así mesmo, tamén fomenta a autonomía, a linguaxe e a psicomotricidade fina, todo dentro dun marco lúdico e participativo, onde se reflexa o noso lema de "aprender facendo".
Esta experiencia educativa completa achegou aos nenos e neas á gastronomía galega dun xeito divertido e significativo, facendo da tradición unha ferramenta viva de aprendizaxe.
Como parte do noso proxecto sobre o patrimonio cultural, o alumnado de Educación Infantil elaborou unha maqueta do Pico Sacro, un dos elementos máis emblemáticos da zona de Lestedo (Boqueixón). Esta actividade tivo como obxectivo principal achegar ao alumnado a súa contorna máis próxima, coñecendo a historia, a súa paisaxe e as lendas que rodean a este monte tan especial.
A realización de dita maqueta realizouse en grupo, promovendo o traballlo cooperativo, a planificación conxunta e a creatividade. Nunha primeira fase os nenos e nenas investigaron, xunto coas mestras, sobre o Pico Sacro: su localización, a súa forma, a súa vexetación, a importancia que ten no Camiño de Santiago e as lendas vinculadas, coma a da Reina Lupa e a do Apóstolo Santiago.
Unha vez recollida a información, pasouse á fase de deseño. Para iso, empregáronse elementos de refugallo coma: cartón, arcilla,poliuretano, pinturas e outros materiais para representar o relevo do monte. Tamén aproveitamos a ocasión para pór en valor o patrimonio natural e a impotancia de coidalo.
A actividade finalizou coa exposición da maqueta no noso recuncho adicado á "Filloa de Lestedo". A creación de dito elemento non supuxo só una actividade artística, senón unha experiencia educativa coa que o alumnado conectou coa contorna e provomendo o coñecemento e o respeto pola cultura de Galicia.