O mel Niño Corvo
O Rosal
O Rosal
Os alumnos e alumnas de terceiro de primaria fixemos este proxecto sobre o mel do Niño Corvo no Rosal. Para axudarnos na nosa aventura contamos coa axuda Marcos, o apicultultor de Niño Corvo. El nos ensinou moitísimo sobre o mundo das abellas e o mel.
Hai moitos tipos de razas abellas no mundo. A Melífera é a abella encargada de producir o mel nesta zona. Unha colonia de abellas se conforma de tres tipos de abellas: Raíña, Obreira e Zángano. A raíña dende que se pon o ovo ata que nace tarda 15 días e pode durar entre 2 e 5 anos. A obreira tarda 21 días en nacer e morre por cansancio os 20- 30 días (en primavera) en inverno pode vivir ata 4 meses. O zángono ou abella macho está na colmea só en primavera-verano e despois os expulsan e morren de fame. Todas as colmenas teñen unha abella raína e a súa labor principal é a de por ovos. Cantas máis abellas máis mel. Os machos teñen os ollos enormes para atopar as raíñas durante o voo e as femias os seus ollos son máis pequenos e separados hacia os lados da cabeza. As abellas teñen o aguillón que o utilizan para defenderse cando o utilizan e como se perdesen todo o intestino e acaban morrendo. As abellas se comunican entre elas con ruidos dentro da colmena e cuns bailes moi peculiares. A súa alimentación é principalmente de néctar das flores( hidratos de carbono) e polen (proteínas). Nunha colmena poden vivir dependendo da época do ano entre 5000 (en inverno) ata 80000 en plena produción.
A reprodución das abellas.
Unha abella raíña pode por entre 2000 e 4000 ovos diarios. O ciclo de vida dunha abella é o seguinte:
A raíña pon un ovo nunha celda.
Unha obreira alimenta a larva (se queren que sexa raíña lle dan "Jalea real")
A larva alcanza o seu crecemento máximo.
A obreira pecha a zelda.
A larva se tranforma en pupa.
A abella abandona a celda.
As abellas son animais que teñen o GPS máis exacto e é moi importante non mover as colmeas do sitio porque senon se perderían. Se orientan polo sol e poden chegar a alonxarse da colmena ata 5 km senon teñen comida preto. O que máis extresa as abellas son os ruidos, os cheiros fortes (perfumes por exemplo).
Tipos de mel:
Hai moitos tipos de mel xa que dependen da flor que procedan, lavanda, romero, eucalipto, brezo... A súa cor vai depender da flor que proceda. O normal nesta zona é que o mel sexa oscuro debido a floración que temos nesta zona. As flores que máis lle gustan son a lavanda pero é máis típica do interior de España. O normal en Galicia en sacar entre 10 ou 15 kilos de mel por colmea. Na primavera-verán e cando máis mel producen as abellas. No inverno tamén pero é para comer elas.
Existe un tipo de mel que se chama mielato. O normal é que o mel proceda do nectar das flores sen embargo o mielato procede da resina e de solucións azucaradas das árbores como o roble, carballo... A súa cor é máis oscura e brilante e ten menor cantidade de azucre.
Elaboración do mel :
Unha vez na colmea, as abellas depositan o néctar nos paneis, onde comeza a maxia da transformación. Aquí, a abellas obreiras o deshidratan parcialmente mediante o batido das ás, reducindo o seu contido en auga e convertindono en mel.
Aquí termina o traballo das abellas e comeza o do apicultor:
1.Primeiro se estraen os paneis cheos de mel da colmea.
2. Retirase a cera ca que as bellas selaron as celdillas do mel.
3.Colocamos os paneis nunha pequena centrifugadora para facilitar a extracción do mel (isto a temperatura ambente para non alterar o sabor9
4.Deixamos reposar o mel uns días para que os posible insectos ou restos de plantas suban a superficie.
5.Enchemos o mel de cada colmea en botes.