Como o fixemos?
Benvidas familias!
Coñecer a nosa cultura galega dende idades temperás é de máxima importancia, por iso, os nenos e nenas de 1º de Educación Primaria levaron a cabo un proxecto de investigación sobre os Hórreos Galegos.
Coa realización deste proxecto preténdese conseguir os seguintes obxectivos:
· Achegar ao alumnado a descubrir os elementos importantes da nosa contorna.
· Facer partícipes ao alumnado do seu propio aprendizaxe.
· Potenciar o traballo colaborativo, a participación, a toma de decisións e afrontar novos retos.
· Fomentar a motivación e a curiosidade do alumnado.
A aventura comezou o 27 de febreiro no que plantexamos unha chuvia de ideas para apuntar na pizarra todo o que sabían sobre os Hórreos:
“Servían para gardar o millo”
“Serven para que no entren os ratos”
“Teñen teito para que non chova”
“Os círculos son para que non entren os ratos e son grandes”
“Na nosa familia usámolo para gardar roupa”
Pronto xurdiu a necesidade de buscar máis imaxes e vídeos. Alí apreciaron a gran diversidade que existe, as diferenzas de tamaños, formas, etc. Pensamos nun plan de traballo. Xuntos decidimos realizar algunhas actividades moi atractivas e interesantes. Podiamos complementar as propostas coas materias do aula. En lingua castelá a búsqueda de información, en matemáticas o reconto dos pés e as figuras xeométricas que os compoñen, en lingua galega a elaboración dun conto, en inglés un caderno do vocabulario coas partes principais, etc.
Ademais, decidiron compartir este traballo de investigación acompañados dos máis maiores do cole. Só quedaba expoñer a idea e levalas a cabo.
2. A búsqueda de información.
Para recoller información sobre os Hórreos Galegos, visitamos a biblioteca do centro e a aula de informática. Os maiores do cole non dubidaron en acompañarnos na búsqueda da información.
3. Elaboración dun conto.
Tralo éxito das actividades propostas e a demanda de traballar todos xuntos os maiores de 4º da ESO decidiron realizar un conto. Os pequenos quedaron abraiados. Só preguntaban cando volverían a xuntarse.
4. O caderno de traballo en inglés.
Toda a información acadada saíu o interese de coñecer como se din algunhas partes do hórreos, os materias de construción en inglés…de aí a elaboración dun caderno individual por parte dous alumnos de 4ºESO. Cora Soliño Veloso e César Lorenzo Estévez foron os profes por un día. Así que o día 8 de maio, os maiores sorprendéronnos cunhas actividades moi lúdicas e visuais, o que fixo que pasaramos unha xornada moi especial.
5. Visitamos un hórreo real.
Coa finalidade de involucrar, tamén, as familias no noso proxecto e aproveitar a contorna, decidimos visitar un hórreo dunha veciña. Alí sacamos fotos, elaboramos un plano do hórreo e gozamos dunha riquísima merenda.
Imos de excursión!
6. Construción do noso hórreo.
Antes de comezar a elaborar o plano e as partes da nosa construción temos que conseguir os materiais que imos necesitar, contabilizar as partes da maqueta, pensar cales son os pasos que debemos seguir… puxéronse mans a obra.
Recompilación dos materiais...
Pasiño a pasiño...
Xa queda pouco...
7.Rematamos o proxecto.
Agradecemos a todos/as os/as compañeiros/as, profes e as familias a súa colaboración nesta actividade.
Sen dúbida foi unha experiencia que quedará nas nosas memorias. Esperamos que vos guste o proxecto, tanto coma a nós. Aprendimos que con cariño e esforzo podemos afrontar calquera reto que se nos propoña.
Ata pronto!
Titora: Tamara Ferreiro Trigo.