Proxecto Erasmus+ KA121: Ampliando horizontes internacionais! ✈️🌟
Benvidos á sección dedicada ao noso proxecto Erasmus+ KA121! Tras o éxito das experiencias de cursos anteriores, seguimos consolidando a dimensión europea no Colexio Compañía de María de Santiago de Compostela. Con máis ilusión ca nunca, este ano ampliamos o alcance do programa para chegar a máis etapas e ofrecer novas oportunidades de aprendizaxe ao noso alumnado.
As mobilidades grupais permiten ao noso alumnado viaxar xunto aos seus compañeiros e docentes para colaborar en proxectos conxuntos con escolas socias de toda Europa. Este ano contaremos con grupos Erasmus nas seguintes etapas:
🎒 6º de Educación Primaria: Unha gran fiestra á aprendizaxe internacional antes de dar o salto á ESO.
📘 1º da ESO: Experiencias centradas na integración, a sustentabilidade e o traballo en equipo (como a nosa viaxe a Lisboa!).
📐 2º da ESO: Afondando no desenvolvemento das competencias lingüísticas e dixitais.
🧩 3º da ESO: Proxectos enfocados na cidadanía europea, a convivencia e a diversidade cultural.
🚀 1º de Bacharelato: Experiencias avanzadas de colaboración e autonomía preparatorias para a súa vida académica e persoal.
Ademais das viaxes en grupo, este curso damos un paso máis apostando polas mobilidades individuais. Esta modalidade permite a alumnos e alumnas realizar estancias máis prolongadas en colexios doutros países europeos, vivindo cunha familia acolledora e asistindo ás clases como un estudante máis.
Neste curso, contaremos con mobilidades individuais en:
⭐ 1º de BAC
⭐ 3º da ESO
⭐ 4º da ESO
Unha oportunidade inmellorable para lograr unha imersión lingüística e cultural total, ademais de gañar en autonomía, madurez e apertura de miras!
Con este programa de mobilidade, o Colexio Compañía de María reafirma o seu compromiso con:
A inclusión e a diversidade en todas as etapas educativas.
A sustentabilidade ambiental e a concienciación ecolóxica.
A dixitalización e a innovación metodolóxica nas aulas.
A mellora das linguas estranxeiras a través de opcións reais de comunicación.
O compromiso Europeo a través das vivencias nas mobilidades
👉 Nesta sección iredes atopando todas as novidades, proxectos, testemuños e vivencias directas dos nosos estudantes ao longo do curso. Acompáñanos nesta viaxe por Europa! 🗺️✨