Programa 2: Entrevista a Miguel e Juan
Daniela e Emma Collazo (2º ESO) e Alex Collaz (1º ESO) entrevistan o pai de Daniela e Alex e a un compañeiro (Miguel e Juan) coma mostra da primeira promoción de rapaces que comezaron a estudar no cole
Programa 1: Entrevista a María Martínez e familia.
Antía Romero e Claudia Gil (4º ESO) entrevistan a 3 xeracións de antigas alumnas do colexio, a nai, a irmá e a sobriña da nosa profesora María Martínez "Tata". Tres mulleres que nos axudan a recordar como foi cambiando o noso colexio durantes estes 100 anos de vida
2. Programa 2: Entrevista a Alberto Mancebo
Sara Calvar (4º ESO) e Nerea Chapela (2º ESO) entrevistan ó polifacético Alberto Mancebo, rostro do Telexornal Fin de Semana da TVG, corresponsal e novelista. Nunha enriquecedora charla, coñecimos máis sobre a profesión de xornalista, o seu lado máis lusófilo e deunos detalles da súa carreira profesional. Moitas grazas, Alberto, pola túa colaboración!
O pasado 6 de febreiro, os alumnado do proxecto Radio Compa acudiu a Radio Pontevedra - Cadena SER, onde puideron visitar a redacción, o control técnico e os estudos de radio. Recibiron unha formación dos profesionais de Radio Pontevedra, e finalmente puideron asistir e participar do programa 'Hoy por Hoy Pontevedra', onde fixeron preguntas a Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde da cidade, e escoitaron a todo un experto na figura de Valle-Inclán. Un día diferente, moi didáctico e divertido! Podedes escoitar o resumo do programa aquí.
Da man do alumnado de Francés de 3º ESO, descubrimos algúns dos elementos característicos da cultura francesa. Ademais, entrevistamos a persoas coñecidas que viven ou viviron en países francófonos, para que nos contasen a súa experiencia. Por último, quixemos coñecer un pouco máis a fondo á directora do centro, Clara Piñeiro. Todo isto cun fondo musical que repasa grandes éxitos da música francesa de onte e hoxe. Non o perdades!
Reportaxe sobre a baguette e o croissant (Inés Martínez e Naiara Barcia) [Música: Les Cornichons, de Nino Ferrer]
Reportaxe sobre a figura de Kylian Mbappé (Álvaro Juncal e Juan Domínguez). [Música: Ramenez la coupe à la maison, de Vegedream]
Reportaxe sobre o carnaval de Niza (Mara Torres e Yixi Ye). [Música: Je veux, de Zaz]
Entrevistamos á nosa directora, Clara Piñeiro. [Música: Vois sur ton chemin, de Bruno Coulais]