Que pasaría si. ..?
É un proxecto híbrido de formación formal e informal con repercusión directa na aula no que o profesorado aprende e pon en práctica co seu alumnado como se crean as historias y como se pueden expresar de mil maneiras diferentes. Si quieres mais información podes pinchar no seguinte e marabilloso vídeo no que se explica en que consiste esta actividade.
Eu son...
Son José Antonio Fraga, mestre no CPR Plurilingüe Luis Vives de Ourense en Galicia, concretamente nas materias de Lingua Galega, Ciencias Sociais e Matemáticas nos dous grupos de 6º de Educación Primaria
Levo xa mais de vinte anos sendo aprendiz de todo que se fai pasar por mestre de nada. Intento sempre traballar con metodoloxías activas e motivadoras para o meu alumnado, sin mirar si son innovadoras ou tradicionais
Con que grupo vou traballar?
Os dous grupos de 6º de Educación Primaria comprometeronse, mediante firma de contrato, a pensar, debatir, votar, elexir e publicar diferentes actividades para que este proxecto chegue a bo porto.
Usaremos diferentes webs, apps e outras ferramentas dixitais, asi como outros materiais 1.0, polo que poderemos compartir todo o que realicemos, ben enlazando as diferentes actividades como a través de fotografías e vídeos do caderno de ruta do alumnado.
O "Que pasaría si...?" que eliximos
que pasaria si bart estudiase en hodwarts?...
A través do humor e da imaxinación, descubriremos valores como o respecto, a colaboración e a importancia da diversidade para un mundo mais xusto e feliz, desenvolvende competencias lingüísticas, artísticas e sociais, ademais da CAA, CD, SIE e CEC, nun proxecto máxico e creativo
Producciones descatadas.
Neste apartado iremos mostrando as produccións destacadas do alumnado en cada unha das diferentes fases ou partes da "Viaxe do Heroe".
As diferentes fases están organizadas en catro semanas que se corresponden cos catro programas de youtube previstos emitir polo CEP de Antequera.
SEMANA 1
MUNDO ORDINARIO
Bart vive o seu día a día en Springfield, facendo trastadas no colexio, molestando aos mestres e escapando das responsabilidades. É un rapaz rebelde que prefire as aventuras e as bromas antes que o estudo ou a disciplina. Nada parece indicar que sexa especial... agás os problemas que semella atraer constantemente
"CHOIVA"DE ACTIVIDADES PARA FACER:
Cómic dun día na vida de Bart
Mosaico con fotos (físico ou dixital) de elementos da vida de Bart
Descrición da fin de semana de Bart
Mapa conceptual da rutina diaria de Bart
Graffitis atribuidos a Bart Simpsons
Mosaico de imaxes da vida de Bart Simpsons.
Si queres saber como realizamos a actividade pulsa AQUí
CHAMADA Á AVENTURA
Un día, Bart recibe unha misteriosa carta entregada por un gran moucho. A carta está dirixida a el e di que foi aceptado no "Colexio de Maxia e Feitizos de Hogwarts". Ao principio, Bart pensa que é unha broma, seguramente de Milhouse ou da súa irmá Lisa, pero a carta inclúe detalles sobre como atopar o camiño ao colexio e o seu nome está escrito correctamente (o que sorprende porque ata a súa nai soe confundirse), ademais de saber información sobre el que pensaba que ninguén coñecía.
"Tormenta" de actividades
A carta de Hogwarts
Stop-motion da chegada do moucho que lle trae a carta a Bart
Podcast ou vídeo coa reacción de Bart
Debuxo do moucho mensaxeiro
REXEITE Á CHAMADA
Aínda que llo conta a súa irmá, Bart, sendo como é, non lle fai caso á carta. "Por que querería ir a un colexio onde hai que estudar maxia? Iso soa a moitos deberes!", di.
Aínda así, comeza a notar cousas raras: o skate empeza a frotar sin explicación, as luces da súa habitación apáganse soas cando está preocupado, e unha das veces que se enfadou con Homer, este transformouse temporalmente nun xabaril.
Choiva de ideas:
Conversa entre Lisa e Bart sobre a chegada da carta
Teatro de improvisación onde dramatizamos o non de Bart
Memes do rexeitamento de Bart á aventura
Debuxo dunha escena onde Bart intenta desfacerse da carta
Memes do rexeitameno de Bart á aventura.
Todo o proceso AQUI
SEMANA 2
ENCONTRO CO MENTOR
Hagrid aparece na casa de Bart para explicarlle que é un mago e que Hogwarts é o lugar onde aprenderá a controlar os seus poderes.
Hagrid, impresionado pola irreverencia e as preguntas inadecuadas de Bart, insiste en que este ten un enorme potencial, aínda que el non o vexa. Tamén menciona que o mundo máxico está en perigo, e que as cualidades que ten Bart (a astucia, o valor e a cretividade, así como a súa retranca e sentido do humor) poderían ser clave
TORMENTA DE IDEAS:
Debuxo do mentor
Escena dramatizada de Bart e o seu mentor
Cómic representando o encontro entre o mentor e Bart
Pensades que Hagrid é o mentor correcto para convencer a Bart. De non ser asi que outros mentores propoñedes?
Se queres escoitar a conversa entre Bart e Hagrid pulsa no seguinte
CRUZAMENTO DO UMBRAL
Finalmente convencio por Hagrid e pola súa nai Marge, que está encantada coa idea de que Bart vaia a un colexio prestixioso), Bart embarca no Expreso de Hogwarts. Ao chegar, queda abraiado co colexio, os demais alumnos e o mundo máxico. Non obstante, tamén se sinte fóra de lugar, xa que moitos dos outros alumnos parecen moi disciplinados e serios
CHOIVA DE IDEAS
Construcción na aula de "Polos Creativos" e coas fichas Lego do colexio de Hodwarts
Lista do que ten que levar Bart na maleta ao marchar para o colexio
Diario das impresións de Bart do primeiro día e sobre os novos compañeiros
Storyboard da viaxe a Hogwarts
ALIADOS/AS, ENEMIGOS/AS, PROBAS
En Hogwarts, Bart enfréntase ao Sombreiro Seleccionador, que dubida entre Slytherin e Gryffindor antes de envialo a Slytherin. Bart faise amigo de compañeiros como Luna Lovegood (que adora as súas ideas tolas) e de Fred e George Weasley (os reis das bromas). Pero tamén se gaña enemigos, como Harry Potter, que considera que Bart, que axiña se fai amigo de Draco Malfoy, é unha vergoña para o colexio.
Ao mesmo tempo, Bart ten que afrontar desafíos nas clases, e non sempre con resultado feliz. Durante unha lección contra as Artes Escuras, convértese en coello por accidente e debe ser rescatado por Hermione (o que non lle gusta nada a Harry). Na clase de Pocións, intenta facer unha "bebida explosiva" que acaba estoupando no laboratorio e ferindo, sin gravidade, ao mestre.
TORMENTA DE IDEAS
Creación dunha ficha de diferentes alumnos que serán relevantes nesta historia
Unha receita de poción para a clase de Pocións Máxicas
Idear un plan para a resolución dunha proba que lle poñen a Bart os compañeiros como novatada que é entrar no despacho do director
Crear as regras para un Xadrez Máxico
Elaborar o monólogo do Sombreiro Seleccionador no que decide a que casa irá Bart
SOMBREIRO
SELECCIONADOR
SEMANA 3
INTERNAMENTO NA CAVERNA PROFUNDA
Bart, tras un comezo caótico en Hogwarts, enfróntase ao desafío de encaixar nun mundo onde non se respectan as súas bromas nin a súa actitude irreverente. Durante unha clase de Pocións, por erro, Bart crea unha perigosa "variña de duplicación" que duplica calquera obxecto ao tocarlle. Draco Malfoy, o seu mellor amigo, convence a Bart de que esa variña podería darlle vantaxe en Hogwarts.
Mentras tanto, Harry Potter, que desconfía de Bart, vixía os seus movementos, convencido de que Bart é un perigo para o equilibrio da escola.
"TORMENTA" DE ACTIVIDADES:
Debuxo ou creación da "variña de duplicación"
Conversa entre Draco e Bart cnvencendoo de que use a variña
Meme de Harry Potter desconfiando de Bart
MEMES
Harry Potter non se fia de Bart
A POBRA SUPREMA
A situación complícase cando Bart e Draco intenta usar a variña na Sala dos Menesteres para duplicar as súas persoas, asi mentras os dobles van a clases, eles poden saír da escola.
A variña, con mais poder do esperado, desata unha serie de copias descontroladas que invaden o castelo: mesas e cadeiras que camiñan, criaturas máxicas sin contros, libros que berran, cadros que cobran vida...
Harry Potter lidera un grupo de alumnos para deter o caos, acusando a Bart de poñer en perigo Hogwarts.
Bart, nun momento de verdadeiro heroísmo, utiliza a súa creatividade, e a maxia que aprendeu en segredo, para controlar a situación, destruíndo todos os dobles e estabilizando a variña.
CHOIVA DE IDEAS:
. Stop Motion no que Bart usa a variña e duplicanse as cousas
. Mapa do caos en Hogwarts
. Xogo de estratexia do alumnado contra os dobles
. Cómic da "guerra" e de como Bart triunfa
FUNKOS DE PERSONAXES DO XOGO "O CAOS DAS CRIATURAS MÁXICAS"
A RECOMPENSA
Ao superar este desafío, Bart gaña o respecto de parte do alumnado, incluído algún amigo de Harry Potter.
Draco, impresionado, proclama a Bart como o mellor alumno que Hogwarts viu nunca.
Bart, pola súa parte, comeza a aceptar que ten un papel especial no mundo máxico e que a súa habilidade para improvisar e innovar é mais valiosa do que pensaba, e iso gústalle
TORMENTA DE IDEAS
. Debuxo de Bart e Draco celebrando a victoria
. Cómic de Bart recoñecido como o mellor alumno
. Entrevista na radio "O profeta" a Bart
. Escenificación da entrega do tíitulo a Bart como "mellor alumno"
ENTREVISTA RADIOFÓNICA A BART
Pulsa no seguinte ENLACE
TROFEO
MELLOR ALUMNO
SEMANA 4
REGRESO CON PERSECUCIÓN FINAL
Cando Bart decide regresar temporalmente a Springfield para descansar e visitar a súa familia, Harry descobre que levou con el, sin permiso, a variña de duplicación, desobedecendo as normas de Hogwarts.
Harry, convencido de que Bart sigue sendo un perigo, organiza unha persecución polos corredores da escola.
Bart, coa axuda de Draco, utiliza o seu skate máxico e unha serie de bromas improvisadas para evitar a captura. A persecución remata na Sala dos Menesteres, onde Bart queda atrapado e debe enfrentarse a Harry a ao resto dos estudantes
CHOIVA DE IDEAS
Storyboard da persecución
Podcast con testemuñas da persecución
Cada grupo deseñará feitizos que Bart debe usar para escapar de Harry
Xogo de mesa: Brat contra Harry
Diseño do taboleiro para o xogo de mesa
BART vs HARRY
NOVA RESURRECCIÓN
No momento mais crítico, Bart demostra que o seu crecemento como mago vai mais alá das bromas. Usa a maxia que aprendeu para transformar a variña de duplicación nun obxecto inofensivo. Ademais, engana a Harry para que pense que xa non hai perigo. Nesta fase, Bart, non só resolve o conflito sen violencia, senón que tamén gaña a aceptación de Harry Potter como un mago único, pouco convencional pero efectivo.
Draco, polo seu lado, reafirma a súa amizade con Bart, convencido de que xuntos son imparables
CHOIVA DE IDEAS
Cómic da transformación da variña de duplicación
Breve historia das vindeira aventuras de Bart e Draco
Monólogo de Bart onde reflexiona sobre como evitar novos conflictos
RETORNO CO ELIXIR DO COÑECEMENTO
Bart regresa a Springfield para as vacacións, levando consigo o que aprendeu en Hogwarts: que pode ser divertido, creativo e valente ao mesmo tempo.
Tamén leva unha versión máxica mellorada do seu skate, un caderno de bromas que só el pode abrir e unha confianza renovada no seu potencial.
No seu mundo ordinario, Bart aplica os seus novos coñecementos para mellorar as súas bromas e afrontar os seus pequenos desafíos diarios cun toque máxico, demostrando que o verdadeiro heroe é quen sabe equilibrar os dous mundos.
CHOIVA DE IDEAS
Diario de Bart con reflexións personais do que aprendeu na escola
Cada alumno diseña un obxecto que Bart levará consigo ao seu mundo ordinario
Gravación entre Lisa e Bart contándolle como é a escola
Historia curta das vacacións de Bart