Introdución
Introdución
A CORUÑA
O dragado da ría do Burgo avanza nos prazos iniciais. De seguir o ritmo actual, os traballos poderían estar rematados entre finais do ano seguinte e principios de 2024. Os alcaldes afectados pola recuperación da ría, A Coruña, Oleiros, Cambre e Culleredo, manifestaron a súa confianza en que a limpeza e contaminación integral da ría sexa unha realidade en tempo e forma. O investimento estatal nesta ansiada obra ascende a un importe de 37 millóns e medio de euros.
A retirada dos matearíais contaminados e a súa restitución parcial por sedimertos libres de contaminación permitirán mellorar a calidade das augas e dos fondos da ría, favorecer a recuperación, produtividade e a calidade dos bancos marisqueiros alí localizados, e potenciar os usos lúdico-recreativos da zona.