Curso 2024-2025
1º TRIMESTRE
Coñecemos aos nosos compañeiros e mestres; xogamos no patio e na aula; experimentamos cos materiais da aula... e gozamos moito desta nova aventura!
3,2,1... DESPEGAMOS!
Grafismos
Mesa de experimentación con elementos naturais
Xogos de lectoescritura e lóxica-matemática
Rutinas do/a encargado/a
Recta numérica, asociación número-cantidade, descomposición numérica...
Este ano no PDI do centro viaxaremos polo mundo, e coñeceremos distintas culturas, costumes, sinais de identidade, etc.
Comezamos por identificar os continentes, o noso país, comunidade...e situar o lugar onde vivimos; bandeiras significativas, medios de transporte para viaxar. A partir de aquí comeza unha nova viaxe na que vos iremos informando. Estades preparados?
ARRANCAMOS!!
Xogamos cos continentes
Preparamos os PASAPORTES para viaxar
Facemos unha visita á secretaría do centro para poñer o noso primeiro selo (co nome do centro)
Visitamos o CEIP do Sequelo para desfrutar dunha actividade conxunta aproveitando que o seu proxecto está relacionado con México.
Realizamos unha sesión de luz negra, decorando cabazas, esqueletos e outros elementos do Samaín; xogamos con plastilina fluorescente e con pezas de construción; merendamos todos/as xuntos/as e pasamos unha xornada moi divertida!
E por suposto, tivemos que poñer o selo para rexistrar a nosa viaxe.
Xogamos a clasificar imaxes tendo en conta a vogal pola que comeza.
Despois clasificamos as tarxetas e rexistramos individualmente.
Obradoiro de cociña
Manualidades
Experimento
Experimento terrorífico
Rexistramos o experimento
Creamos pantasmas
Gozamos dunha xornada con xogos tradicionais, música e castañas.
Despois de coñecer un pouquiño o lugar onde vivimos, viaxamos a...MÉXICO, que xa introducimos coa nosa visita ao CEIP Sequelo.
Algunhas das propostas que realizamos son:
Xogos de conciencia fonolóxica co vocabulario do proxecto.
Obradoiro de cociña: GUACAMOLE. Rexistramos previamente a receita.
Coñecemos a Frida Kahlo: traballamos o autoretrato e convertémonos na artista.
Obradoiro Stopmotion.
Mural colaborativo infantil "Desexamos que a igualdade viaxe por todo o mundo". Compoñemos a palabra IGUALDADE en distintos idiomas nos avionciños.
Photocall común con dúas ÁS ben grandes e na súa plumaxe representamos mensaxes contra a violencia machista.
Interpretamos todo o cole ao vivo a versión galega da canción de Amaral: "Saír correndo".
Neste caso recibimos ao alumnado de EI do Sequelo para realizar un obradoiro de comida mexicana e gozar dunha xornada todos xuntos.
Elaboramos quesadillas e guacamole, tamén decoramos banderines e imaxes.
Estaba todo mooooi rico e non deixamos nada!!
Creamos o noso nome en Braille.
Circuíto: identificamos diferentes texturas e materiais co tacto dos pés.
Calendario de advento con propostas diarias:
Tren de Nadal
Regalo amigo/a invisible
Visita dos Reis Magos
Postal de Nadal
Bolsiñas para os traballos do trimestre
Adornos para a árbore de Nadal
Obradoiro de galletas
Entre outras.
2º TRIMESTRE
Bote: escritura libre.
Animais polares.
Simetría copos.
Xogo por parellas: subitización.
Aportacións de materiais por parte das familias para o proxecto.
Investigamos sobre os faraóns e aproveitamos para facer un obradoiro para os disfraces do Entroido coas familias.
Xogos de lectoescritura (xeroglíficos, vocabulario...) e lóxica-matemática (sudoku, conteo, cartas...)
Amuletos: elaboramos a nosa "chave da vida" ou "Ankh".
Obradoiro internivel: mesturamos as 3 clases para crear o sarcófago.
Xogos matemáticos: pirámides numéricas.
Lectoescritura: papiros e xeroglíficos.
Portadas: grafismo creativo.
Finalizamos o 2º trimestre realizando unha búsqueda do tesouro polo patio para atopar os "oviños de pascua". Para iso, tivemos que superar varias probas por equipos (simetría de ovos, siluetas e conteo). Ao superar as probas recibimos unha peza dun quebracabezas que nos levaba ao lugar onde se agochaba o noso tesouro.
3º TRIMESTRE
No 3º trimestre viaxamos a China, e coa axuda das familias estamos aprendendo moito desta cultura: escritura, vivendas, vestimenta, receitas, etc.
Relacionado co proxecto preparamos unha obriña de teatro para representar aos compañeiros/as de infantil e aos nenos/as da Galiña Azul. Tamén temos moitas ganas de que as familias vexan o resultado na presentación do PDI.
Obradoiro internivel: Pagoda
Dragón Chino
Obradoiro coas familias: conto chino e degustación de alimentos.
Muralla China
Escritura china