Curso 2023-2024
1º TRIMESTRE
Durante os primeiros días adaptámonos a nova rutina da aula: espazos, materiais, compañeiros/as e mestres/as. Investigamos libremente nas distintas propostas de xogo e elaboramos as nosas primeiras creacións artísticas.
Durante a xornada escolar saímos ao patio a observar e recoller cousiñas do outono. Xogamos a buscar aquelas que as mestras indicaban nas tarxetas e posteriormente clasificamos todo o material.
Aproveitamos as follas recollidas para decorar uns OURIZOS na clase.
Na clase de 4 e 5 anos adiviñamos os elementos escondidos no POZO MISTERIOSO, realizamos actividades de grafomotricidade e experimentamos coas cores do outono.
Na clase de 4 e 5 anos levamos a cabo os primeiros desdobramentos de grupo. Consiste en dividir a clase de maneira puntual en dous grupos heteroxéneos, para dar ao alumnado unha atención máis individualizada.
Aula de 5 anos (6º de EI) - Bingo dos nomes
Aula de 4 anos (5º de EI) - Bloques lóxicos
Nos últimos días preparamos propostas de SAMAÍN, traballando de forma globalizada todas as áreas do currículo.
Actividades de psicomotricidade fina; decoramos momias coas nosas fotos; exercicios de sopro para crear monstros, entre outras.
Estampación de pantasmas; rasgado e decoración de cabazas por parellas, actividades de vocabulario, relacións, etc.
Arte con canicas para crear pantasmas; lectura do conto "Monstro Zampamedos", escritura de medos e deseño do noso amuleto (pulseira); creación de monstros a través do sopro e tendo en conta o número de elementos que nos marca o dado; experimento poción, etc.
4º de EI: actividades de lectoescritura relacionadas co nome.
5º de EI: xogos de conciencia fonolóxica en pequeno grupo.
6º de EI: xogos de vocabulario.
Este ano o PDI do cole está relacionado coa saúde física e mental. No 1º trimestre investigaremos o noso corpo por fora (partes do corpo, medida e peso, órganos dos sentidos...), e sempre traballando dende unha perspectiva globalizada.
Actividades relacionadas cos sentidos
Siluetas co corpo
Medida e peso
Na materia de Atención educativa estivemos realizando actividades centradas na educación emocional a través do conto "Doctor de emociones".
Recollemos e rexistramos todas as propostas no noso maletín.
Respiración por parellas
Bote da calma
Mandalas
Decoramos por parellas o monstro zampamedos, rasgando e pegando papeliños de cor azul.
Falamos das cousas que nos dan medo e creamos o monstro do conto para meter os nosos medos.
Exposición “Mira que te miro”, unha visita participativa dirixida a aprender a observar unha obra de arte, xerando estímulos que axuden a experimentar cos sentidos: vista, tacto e oído.
Aproveitando o PDI deste ano creamos mensaxes de igualdade co noso corpo.
Mudamos os contos clásicos transformándoos noutros con maior igualdade de xénero grazas á iniciativa "Cambiemos o conto".
Tamén gozamos con xogos populares sen diferenciación de xénero (circuíto, ra, bolos)
4º de Educación Infantil
5º de Educación Infantil
6º de Educación Infantil
As propostas de Nadal parten do calendario de advento. Cada día estivo destinado a unha actividade: amigo/a invisible, tren de Nadal, experimento, portadas, bolsiñas, postal de Nadal, festa de Fin de Ano, entre outras.
Portadas dos traballiños
Postal de Nadal
Adorno para a árbore
Festa de Fin de Ano
Bolsiñas e trastadas do noso Elfo
Experimentos
Desdobramentos relacionados co PDI do cole: partes do corpo, os sentidos, rexistros das actividades, maletín de doutor/a, etc.
2º TRIMESTRE
No 2º trimestre centrámonos nos contos:
De que cor é un bico?
Así es mi corazón
Volta á calma
Despois da hora do patio, aproveitamos para facer actividades de volta á calma: contos, masaxes por parellas, cancións motoras...
O alumnado de 3º de EP preparou unha obriña para o resto do alumnado do centro relacionado co Día da Paz.
Recital poético no Recuncho de Tambo
Xogo de pistas nos espazos comúns do centro
Mulleres Inspiradoras
Contacontos: "Superavoa"
Os nenos e nenas de 6º de Educación Infantil interpretaron unha obriña de teatro aos seus compañeiros/as de 4º e 5º de EI. Como tivo tanto éxito aproveitamos para representala na Galiña Azul e pasar unha xornada de convivencia todos xuntos.
Representación da obra
Obradoiro de máscaras
Xogo de pistas "ovos de chocolate". Agochamos ovos e as pezas dun quebracabezas que nos levaba ao tesouro escondido.
Unha vez que localizamos o lugar, repartimos os ovos de chocolate entre todos/as.
3º TRIMESTRE
No 3º trimestre centrarémonos no ámbito da hixiene e da alimentación.
Hixiene corporal e dental
Alimentación: nutriplato, orixe dos alimentos, profesións...
Experimento "virus" sobre a importancia dunha boa hixiene. Empregamos auga, pementa e xabón.
Hixiene dental: xogo de lóxica-matemática. Lanzamos o dado, contamos os puntiños e limpamos os dentes correspondentes.
Comezamos o 3º trimestre afianzando conceptos e ampliando o noso proxecto relacionado co PDI:
Desdobre lóxica-matemática 4 e 5 anos: figuras xeométricas, atención, orientación espacial.
Desdobre lectoescritura 5 anos: xogo dominó e construción de palabras relacionadas co proxecto.
Desdobre arte e lectoescritura 4 anos: estampación de alimentos e escritura libre.
Desdobramento lectoescritura: xogo previo co vocabulario do proxecto (construimos o nome dos alimentos)
Desdobramento lectoescritura: xogo dominó (asociación imaxe-palabra)
Desdobramento lectoescritura: rexistramos o traballo.
Desdobramento lectoescritura e arte: estampación de alimentos e vocabulario do proxecto.
Visitamos o invernadoiro do cole
e coa axuda do profe Isma plantamos LEITUGAS
Museo Manuel Torres: despois de visitar as obras do museo, convertémonos en artistas e debuxamos a obra que máis nos gustou.
Centro de Día: o alumnado de EI interpretou as cancións "A Carolina", "A rianskeira" e "Carmiña". Da mesma forma ensináronnos a versión orixinal da "Rianxeira". Foi unha experiencia moi enriquecedora e da que aprendemos moito. Repetiremos!
Merenda no parque da Alameda
Obradoiro de galletas
Visita animais da granxa
Merenda
Obradoiro de galletas
Presentación do PDI á comunidade educativa
Obradoiro dos sentidos
Instalación "Como medramos"