Os tempos definen as dinámicas didácticas que se desenvolven na aula.
No seguinte horario tedes a oportunidade de ver a estrutura horaria do tempo que pasa a rapazada na escola. Pero cada tempo ten diferentes propostas que hai que explicitar para que se comprenda mellor:
Os luns comezamos a semana cunha asamblea de organización onde se traslada a información máis importante da semana e ademais desenvolvemos a seguinte dinámica: OBXECTIVOS SEMANAIS.
Nela o alumnado individualmente e a aula define obxectivos que se marcan durante esa semana e o venres reflexionamos sobre a súa consecución.
Consideramos a oralidade como unha dinámica didáctica esencial para o presente e futuro do alumnado. Saber expresarse en público para comunicar un coñecemento que se posúe é fundamental e esixe práctica constante. Unha aprendizaxe repetida durante toda a escolaridade do alumnado axudarao a extrapolala á súa vida cotiá cando o precise. Falar cos demais non será unha eiva no seu porvir si se traballa dende pequenos.
Este curso imos dar un paso máis e comezaremos por unha proposta básica pero pouco a pouco iremos introducindo modificacións. A chegada da IA esixe a modificación de formatos á hora de facer unha exposición oral. A importancia da oralidade collerá máis fundamento en detrimento dos apoios multimedia que traia o alumnado para facilitar a exposición.
A fotografía filosófica é unha nova dinámica que introducimos este curso coa finalidade de axudalos a pensar. Moitas veces observamos nas aulas as dificultades que posúe o alumnado para reflexionar sobre determinados temas. Cremos que ao igual que lles ensinamos contidos curriculares de determinadas áreas, debemos facer o mesmo coa habilidade para pensar. Como se pensa? Para que se pensa? Como se ensina a ser crítico/a?
A modo de inicio traballaremos coa fotografía filosófica. Unhas fotografías que, ademais do que se ve, infiren outro tipo de realidades sobre as que o alumnado reflexiona dun xeito metafórico.
En construcción...
En construcción...
En construcción...
En construcción...
En construcción...
En construcción...
En construcción...
En construcción...
En construcción...
En construcción...
En construcción...