SEMANA DO 4 AO 7 DE NOVEMBRO
MARTES 4 DE NOVEMBRO:
Asemblea de organización e explicación das actividades dos recantos
Recantos: Primeira semana do proxecto BENESTERRA.
Hora de ler: Rematamos de ver o documental HOME
Contextos de Aprendizaxe: Os ecosistemas en Galicia.
MERCORES 5 DE NOVEMBRO:
Saída didáctica a Pontevedra para ver o espectáculo "MISTURAS" e facer unha visita ao Museo de Pontevedra sobre a prehistoria e historia en Galicia: do Neolítico á Romanización.
XOVES 6 DE NOVEMBRO:
Asamblea de temas:
O tema que abordamos nesta ocasión xirou arredor das consecuencias ante a falta de responsabilidade á hora de realizar as tarefas escolares. Logo dun debate inicial con opinións de todo tipo, o alumnado aportou unha ducia de solucións entre as que se topaban as seguintes:
Carné por puntos
Unha tarefas a maiores
Reflexión sobre os motivos e compromiso.
Restrinxir tempos libres.
Realizar a tarefa durantes os paseniños
O vindeiro xoves reflexionaremos sobre as solucións aportadas e iniciaremos a votación democrática para decidir cal é a consecuencia que o alumnado de 5º decidiu ante unha irresponsabilidade coas tarefas escolares.
Recantos:
Rematada a visualización do documental HOME comezan os traballos de elaboración da MAQUETA do PLANIFERIO:
Matemáticas planetarias atendendo á escala do mapa que temos na aula, á altitude das montañas máis grandes do mundo,á lonxitude dos ríos máis longos do planeta...
Territorios en risco. Elaboración dun documento de texto sobre as características de determinados territorios do noso planeta que están en risco por diferentes motivos: guerras, desastres meteorolóxicos, cambio climático... Con estes documentos elaboraremos audios que se ubicarán na MAQUETA a través de placas makey makey.
Accidentes xeográficos. Identificación dos accidentes xeográficos máis importantes do noso planeta no mapamundi que temos na aula e nun mapa en branco que terá cada alumno/a.
Lugares con esperanza. Creación dun mapa dixital onde xeolocalizamos territorios que, logo de estar en risco, melloraron por diferentes accións ou motivos. Ubicaremos no mapa o territorio en formato noticia: título, entradiña, coropo da noticia e fotografía.
Maqueta BENESTERRA. Iniciar a elaboración da maqueta pintando o fondo, serrando e lixando os diferentes continentes e países para ubicar nun gran panel onde colocar todos os elementos xeográficos, políticos e físicos que traballamos na aula.