SEMANA DO 13 AO 17 DE OUTUBRO
LUNS 13 DE OUTUBRO:
Asemblea de fin de semana e Exposicións Orais "MARABILLAS DE GALICIA"
Recantos: Terceira semana do proxecto ESPAZO SIDERAL.
Levamos tres semanas traballando arredor dun proxecto de aula que ao alumnado lle interesaba moito e que leva por nome ESPAZO SIDERAL.
Nestes documentos poderedes acceder aos plans de traballo de cada recanto. Neles poderedes apreciar a diversidade de tarefas que o alumnado desenvolve na aula sobre este tema e que están estreitamente relacionadas coa elaboración dunha maqueta física do Sistema Solar e unha maqueta virtual con vídeos, imaxes e fotografías aos que se poderá acceder a través dunhas gafas de realidade aumentada.
Hora de ler: O PRINCIPIÑO. Lectura en voz alta na aula e tertulia literaria sobre cada un dos capítulos.
Contextos de Aprendizaxe: Os ecosistemas en Galicia.
MARTES 14 DE OUTUBRO:
Exposicións Orais "MARABILLAS DE GALICIA" e Texto Libre
Hora de ler: O PRINCIPIÑO. Lectura en voz alta na aula e tertulia literaria sobre cada un dos capítulos.
Contextos de Aprendizaxe: Exposición sobre as características dos ecosistemas de PRAIA, LAGOA e BOSQUE.
MÉRCORES 15 DE OUTUBRO:
Exposicións Orais "MARABILLAS DE GALICIA".
A continuación os reporteiros da aula presentan AS NOTICIAS destacadas da semana.
Matemáticas: A resta e as estratexias para a súa resolución.
Matemáticas: A resta e as estratexias para a súa resolución.
Contextos de Aprendizaxe: Análise dunha ecopoesía e elaboración de relatos literarios centrados nos ecosistemas traballados.
XOVES 16 DE OUTUBRO:
Exposicións Orais "MARABILLAS DE GALICIA".
A continuación a fotografía será a protagonista da man da prensentación da FOTOGRAFÍA NOCTURNA e da FOTOGRAFÍA FILOSÓFICA.
Asamblea de temas: Xuntanza para comunicar, opinar, debater, aportar solucións e chegar a acordos sobre temas que xorden do alumnado.
Recantos: Rematando o proxecto Espazo Sideral.
Levamos tres semanas traballando arredor dun proxecto de aula que ao alumnado lle interesaba moito e que leva por nome ESPAZO SIDERAL.
Nestes documentos poderedes acceder aos plans de traballo de cada recanto. Neles poderedes apreciar a diversidade de tarefas que o alumnado desenvolve na aula sobre este tema e que están estreitamente relacionadas coa elaboración dunha maqueta física do Sistema Solar e unha maqueta virtual con vídeos, imaxes e fotografías aos que se poderá acceder a través dunhas gafas de realidade aumentada.
VENRES 17 DE OUTUBRO:
Exposicións Orais "MARABILLAS DE GALICIA".
Dúas sesións de Recantos: Rematamos os recantos desta semana e damos por rematado o proxecto ESPAZO SIDERAL:
Matemáticas: Traballamos a medida do tempo.
Literario: Lectura de clásicos da literatura universal de Ciencia Ficción adaptados a nenos e nenas de 10 anos.
Artístico: A Ilustración de ciencia ficción.
Ecocientífico: Pasar a vídeo as características dos elementos que hai dentro e fóra do Sistema Solar que traballamos na aula.
Evolución: Elaboración da MAQUETA VIRTUAL DO SISTEMA SOLAR.
Hora literaria: Lectura conxunta do Principiño e tertulias literarias sobre cada un dos capítulos. Que nos ensina esta obra para a vida actual? Unha viaxe espacial que remata no planeta Terra da que tantas aprendizaxes podemos sacar..
IPA. Itinerario Persoal de Aprendizaxe.
Os venres a última hora é momento para que o alumnado dispoña de tempo para abordar temas de interese particular xerando algún tipo de recurso para si mesmos ou para compartir cos demais. É un momento de aprendizaxe compartido, lúdico, motivante no que teñen a oportunidade de satisfacer os seus intereses e temas que lles gustan. Tan só se lles pide que ao remate do traballo teñan a ben presentárllelo aos compañeiros/as e que teña un formato físico. Os ordenadores poden empregarse pero o traballo final non pode ser dixital, temos que poder tocalo coas nosas propias mans.