SEMANA DO 10 AO 14 DE NOVEMBRO
LUNS 10 DE NOVEMBRO
Asemblea de organización semanal, exposición oral MARABILLAS DE GALICIA.
Axenda de obxectivos individuais e da aula: definición na axenda dos obxectivos que cada alumno/a se propón acadar durante a semana. Tamén reflexionamos sobre un obxectivo común para a aula.
Recantos: Primeira semana do proxecto BENESTERRA e xa van aparecendo os resultados do traballo que desenvolvemos na aula. Aquí vos deixamos fotografías da maqueta, do mapa interactivo de experiencias positivas e o lugar onde realizamos a actividades de búsqueda dos accidentes xeográficos máis importantes do noso planeta.
Contextos de Aprendizaxe: Os ecosistemas en Galicia.
MARTES 11 DE NOVEMBRO
Exposición Oral: Rematamos as exposicións orais das MARABILLAS DE GALICIA
Texto Libre: Escritura de textos de temática libre. Unha vez redactados selecciónase un texto da aula e realizamos unha mellora ao corrixilo en grupo aportando melloras ortográficas, gramaticais e de redacción. Finalmente todo o alumnado copia o texto corrixido e mellorado no caderno.
MAGOSTO:
Despois do recreo celebramos o magosto con xogos tradicionais, castañas asadas e boliños preñados de chourizo. Pasámolo xenial a pesares da imposibilidade de contar coa visita das familias.