A electricidade

A materia é todo aquilo que ten masa e volume. Está formada por unidades básicas moi, moi pequenas, que non se poden ver, chamadas átomos. Todos os seres vivos, as rochas, o aire ou a auga somos materia e, polo tanto, estamos formados por átomos.

Os átomos, á súa vez, compóñense doutras partículas máis pequenas. Algunhas destas partículas teñen carga, positiva ou negativa, que son as responsables da aparición da electricidade.

Se as cargas eléctricas se poñen en movemento aparece unha corrente eléctrica, que é a responsable de que funcionen as máquinas eléctricas.