Info: UVigo Campus Remoto

Solicitar acceso ás aulas virtuais

Profesorado

O profesorado debe contactar co decanato ou coa dirección do seu centro, xa que desde aí se está a coordinar a distribución e o acceso ás aulas de docencia virtual "en directo".

Estudantes

O estudantado non precisa solicitar acceso. O profesorado achegaralle a URL da aula virtual correspondente.

Que é Campus Remoto ?

Campus Remoto é un novo servizo que centraliza nun único punto as diversas ferramentas de teledocencia da Universidades de Vigo:

  • MOOVI / Faitic

  • Aulas virtuais "en directo"

  • Foro do profesorado

Ferramentas de Campus Remoto

Teledocencia MOOVI / Faitic

MOOVI

MOOVI e a nova plataforma de teledocencia da Universidad de Vigo para o curso 2020-2021. Ista moderna plataforma baseada en MOODLE permite que a comunidade universitaria dispoña dun conxunto de funcionalidades que non soportaba FaiTic. Entre as novas vantaxes está a integración do software antiplaxio Turnitin nas actividades dos cursos, así como o uso dunha App con notificacións ao móbil e acceso a contido offline

FAITIC

A plataforma Faitic leva anos funcionando na Universidade de Vigo e foi de uso habitual na docencia por parte da maioría do estudantado e do profesorado. Neste curso sigue a estar disponibel pero no próximo ano sera sustituida completamente por MOOVI

Aulas virtuais "en directo"

Campus Remoto dispón dun novo sistema de “aulas en directo” virtuais que permiten impartir a docencia mediante videoconferencia, con funcionalidades adicionais como compartir pantalla e presentacións, chat ou gravación.

É un servizo experimental no que se crearon un conxunto de salas de videoconferencia para cada centro da universidade. As salas son xestionadas polos decanatos as direccións dos centros, polo que se debe contactar con eles para utilizalas.

Das tres plataformas recomendadas por CRUE-TIC optamos por BBB (Big Blue Button), que é unha plataforma de código aberto.


Vídeos titoriais

Preguntas frecuentes sobre as aulas "en directo"

  1. Que é ?

    • Unha sala ou aula virtual de Campus Remoto é un espazo de reunión en liña onde dar clase ou realizar titorías co estudantado. Permite realizar unha videoconferencia en grupo, compartir pantalla, chat etc.

  2. Hai que reservar algunha franxa horario de uso ?

    • En principio, non é necesario. Cada docente disporá dunha sala/aula virtual. Non obstante, recoméndase realizar a docencia nos mesmos horarios nos que xa se facía no campus "real" para evitarlle conflitos de horarios ao estudantado.

  3. Existe un límite de persoas usuarias conectadas ?

    • Si, nestes momentos cada sala soporta ata 100 persoas. É importante que só un ou dous participantes compartan vídeo para que o sistema poida soportar o máximo de usuarios e usuarias.

  4. É necesaria algunha instalación no ordenador para usalo ?

    • Non, unicamente contar cun navegador web actualizado. Chrome, Firefox e Safari son os recomendados e desaconséllase o uso de Microsoft Explorer.

  5. Pódese empregar cun móbil ou tableta ?

    • Si, pódese e non require instalar ningunha aplicación, xa que funciona só co navegador. Resulta moi cómodo para o profesorado cando quere utilizar a pizarra virtual.

  6. Que velocidade de conexión a Internet é necesaria ?

    • Se na reunión un só participante comparte vídeo e pantalla, con 2 Mbps de baixada ou incluso menos, sería suficiente. O profesorado deberá contar, alomenos, con 2 Mbps de baixada e 2 Mbps de subida.

  7. Funciona como videoconferencia ou só por audio ?

    • Permite videoconferencia completa con vídeo, audio, pizarra compartida, compartir pantalla etc. Si pedímosvos que, se non é imprescindible, só un participante de cada clase emita un vídeo. Deste xeito poderemos dar servizo a un maior número de persoas usuarias. (O sistema podería incluso permitir a gravación das sesións, unha opción bloqueada neste momento para evitar a sobrecarga).


Foro de profesores

Para facilitar o soporte técnico necesario, creouse unha lista de correo electrónico/foro para que o profesorado usuario do "UVIGO-CampusRemoto" poda estar ao día, compartir experiencias e resolver dúbidas. Pódese acceder no seguinte enderezo: