O Equipo da Biblioteca queremos crear un calendario de Lecturas ata as vacacións de Nadal para inaugurar o site da biblioteca do Colexio Alborada. Durante 19 días consecutivos, publicarase cada xornada unha lectura recomendada, adaptada aos distintos tipos de lectoras e lectores do centro. As categorías que empregaremos serán:
Prelectores (Educación Infantil)
Primeiros lectores (5–7 anos)
Lector autónomo (8–11 anos)
Lector experto (+12 anos)
As idades son orientativas, pois cada nena e neno le ao seu propio ritmo. O noso obxectivo é celebrar a apertura da BiblioAlborada cunha actividade atractiva, participativa e motivadora, que anime a toda a comunidade educativa a descubrir novos libros e a gozar da lectura neste tempo especial.
Lembramos unha frase inspiradora:
“Os libros son as escaleiras que nos permiten chegar a mundos que aínda non coñecemos.”
Anxo Fariña