Nesta actividade aprenderás a traballar coma un verdadeiro científico: desde o deseño de experimentos ata a interpretación dos resultados. Realizaremos prácticas con material real de laboratorio, exploraremos fenómenos físicos, químicos, biolóxicos, sociais… e desenvolveremos proxectos que poderán participar en feiras científicas ou nas exposicións do colexio.
Pero atención: non é un club calquera. Aquí precisamos curiosidade, constancia e responsabilidade. Participar no Laboratorio implica asistir con regularidade, traballar en equipo, respectar as normas de seguridade e facer un seguimento serio dos proxectos. Se estás disposto/a a comprometerte, as recompensas son enormes: aprenderás máis alá da aula, mellorarás as túas habilidades científicas e descubrirás todo o que es capaz de acadar coa túa dedicación.
Anímaste a formar parte do equipo?
Apúntate, prepárate para manchar as mans (ás veces literalmente!) e vive a ciencia como nunca antes.
Horario: de 16:00 a 17:30h, nas seguintes tardes: martes, mércores e xoves.
Prezo: de balde. Non inclúe os materiais nin os gastos das viaxes.
Podes anotarte en: forms.gle/DkqNxLBfVozpyiuL7 Lembra que hai prazas limitadas.