SURF
Na praia de Patos poderedes practicar o surf axudados por monitores especializados e sen necesidade de comprar equipo técnico. Os traslados dependerán dos propios interesados.
No caso de que a climatoloxía non permita surfear cunhas condicións de seguridade garantizadas, sustituirase esa clase por unha divertida clase de SKATE, para seguir traballando o equilibrio, a coordinación e a forza nas pernas. O material o facilitará a escola de surf.
Prezo: 65€ por 4 clases no mes. Se non se puidera asistir a unha clase, pode reprogramarse (incluso en periodos vacacionais) se se avisa 24h antes.
Horario: os venres, preferiblemente, durante unha hora a partir das 16'00h. Consulta outros horarios posibles con Yure ou Sesé.