Actividades Extraescolares
2022-2023
Consulta as nosas actividades en cada etapa:
Normas de funcionamento:
As actividades realizaranse sempre e cando se reúna un grupo mínimo de alumnos que será diferente dependendo da actividade da que se trate. Por isto, o cadro horario podería sufrir algunha modificación ou axuste.
As actividades comezarán no mes de outubro e rematarán no mes de maio no horario de tarde que se indica, agás a actividade de INGLÉS ("Schoolhouse") e SURF que rematarán en xuño.
Apuntarse a unha actividade implica que o alumno non poderá darse de baixa ata o final do curso.
O pago das actividades realizarase mensualmente e con cargo na conta bancaria que dispón o centro escolar, agás a actividade de INGLÉS ("Schoolhouse").
Non se recuperarán as sesións que non se impartan por coincidir con excursións, campamentos ou periodos non lectivos ou confinamentos do alumnado.
Nas actividades que se desenvolvan nas instalacións do centro, os alumnos vestirán o uniforme ou o equipaxe deportivo do colexio.
Os alumnos poderán acceder ao colexio 5 minutos antes do comezo da actividade e poden saír ou ser recollidos nos 5 minutos posteriores ao seu remate.
Se algún usuario non respectara o as normas básicas de hixiene ou disciplina e convivencia amoestaráselle cunha notificación aos pais. No caso de reincidencia poderá ser excluido deste servizo previa audiencia dos pais e terá que seguir aboando o curso ata o derradeiro mes.
No mes de xaneiro pódese incluir algunha novidade atendendo ás vosas suxerencias.
INSCRÍBETE nas actividades que desexes no seguinte enlace ao formulario desde hoxe
ata o 23 de setembro
Lembra que si escolledes NATACIÓN, tedes que elexir o voso horario en:
https://forms.gle/iPQ6k6HT5YjvuCDF8