Nesta actividade aprenderás a traballar coma un verdadeiro científico: desde o deseño de experimentos ata a interpretación dos resultados. Realizaremos prácticas con material real de laboratorio, exploraremos fenómenos físicos, químicos, biolóxicos, sociais… e desenvolveremos proxectos que poderán participar en feiras científicas ou nas exposicións do colexio.
Pero atención: non é un club calquera. Aquí precisamos curiosidade, constancia e responsabilidade. Participar no Laboratorio implica asistir con regularidade, traballar en equipo, respectar as normas de seguridade e facer un seguimento serio dos proxectos. Se estás disposto/a a comprometerte, as recompensas son enormes: aprenderás máis alá da aula, mellorarás as túas habilidades científicas e descubrirás todo o que es capaz de acadar coa túa dedicación.
Anímaste a formar parte do equipo?
Apúntate, prepárate para manchar as mans (ás veces literalmente!) e vive a ciencia como nunca antes.
🔬 Importante:
Se o vindeiro curso pertences a 6º de Primaria, debes ter en conta que o Laboratorio comezará para ti no mes de xaneiro e rematará en xuño.
Se pertences a Educación Secundaria, o Laboratorio dará comezo en outubro.
HORARIO: de 16:00 a 17:30h, nas seguintes tardes:
Luns: 1º e 4º ESO
Martes: ESO e 6 EP (a partir de xaneiro)
Xoves: 2º e 3º ESO
Poderanse axustar os horarios cos mestres unha vez inscritos todos os equipos e proxectos de investigación.
PREZO: de balde. Non inclúe os materiais nin os gastos das viaxes.
Inscríbete neste formulario canto antes xa que hai prazas limitadas:
share.google/zrAW9a8Xgb3MVWwKJ