Sobre nós

Somos os nenos e nenas do CEIP Ponte dos Brozos en Arteixo (A Coruña). O noso cole forma parte do proxecto Arteixo Innovación e somos un centro PLAMBE. Estamos no Proxecto Bibliotecas Creativas.

Nesta lea andan metidas tamén as titoras Pepa Sanjurjo, Ximena Vázquez, Patricia Fernández, Cris Pena, Tania Cerviño e Rosa Moreiras, que arrastraron á especialista de AL, Verónica Iglesias e á de lingua estranxeira, María Ces, que por isto do pluriempleo, tamén é a coordi da nosa biblioteca.

As nosas profes decidiron formar un grupo de traballo que investiga as posibilidades didácticas da robótica e impresión 3D co apoio e a axuda económica do CFR de A Coruña, asesorados por Marta Dopico.

#Arteixoinnovacion #bibliotecascreativas