Sobre Nós/About us

Este proxecto lévase a cabo no presente curso escolar 2013-2014 en dúas aulas do 1º nivel do segundo ciclo de Educación Primaria do CEIP Ponte dos Brozos en Arteixo, A Coruña.

O centro caracterízase por ser o un dos máis grandes de Galicia (ao redor de 1070 alumnas e alumnos) e por contar cunha alta porcentaxe de alumnado procedente de diferentes nacionalidades. Ademais, é un centro cun proxecto pedagóxico propio dende o ano 2002. O denominado Proxecto Ponte dos Brozos.

En cada aula hai un promedio de 22 estudantes. Contamos cun canón e un encerado dixital, un ou dous ordenadores de sobremesa con cámara web e conexión WIFI e un carro con 25 iPads Air (durante 6 horas á semana).

Así mesmo, o alumnado dispón dunha conta de Gmail persoal con dominio pontedosbrozos.org que facilita a transmisión de información e o contacto entre o alumnado así como coas súas profesoras algo que lles será moi útil á hora de traballar con Google apps: drive, sites, etc.

O profesorado implicado neste proxecto está formado por:

Profesoras titoras

Profesoras de L. Inglesa

Profesora de Educación Musical

  • Rosa De la Campa Montenegro

Alumnado de 3º Nivel de Ed. Primaria