SALGUEIRO
NOME: Salgueiro
Científico: Salix atrocinerea
Outros idiomas:
Castelán: Sauce
Inglés: Grey willow
Francés: Saule
Descripción: O lóxico é que non pasen de 2 ou 3 metros, co que teñen aspecto de arbustos, pero poden ter ata 10 metros. As follas son bastante características pois son tres veces máis longas que anchas e máis anchas arriba que abaixo. O habitat do salgueiro son as beiras dos ríos e acostuman a estar ao lado de amieiros e bidueiros. Os salgueiros, a diferencia doutras árbores que teñen frores hermafroditas, só posúen flores dun sexo en cada individuo. O salgueiro macho posee a flores masculinas, e o salgueiro femia as femininas.O encargado de arranxar o asunto é o vento e ocurre de todo. É moi curioso, pódese ver o salgueiro espido completamente no mes de febreiro pero coas flores nas pólas. Incrible. O tronco é direito e robusto. A corteza parda - grisácea. A copa é case redondeada e pouco densa. O salgueiro desempeña un papel importantísimo nas riadas, xa que aguantan moito. As súas raíces agárranse moito o chan e nas crecidas aguantan o que veña. Son básicos nos ríos.
Utilidade:A cortiza é moi rica en tanino e contén salicilina (que foi a base dun medicamento que está entre os máis importantes de tódalas épocas a aspirina. A aspirina está considerada dentro dos 100 inventos do século XX máis importantes).
Ano de plantación no centro.+- 2001