Estes eventos locais e auto organizados denominanse TEDx, onde x = evento TED organizado de xeito independente. A Conferencia TED proporciona directrices xerais para o programa TEDx, pero cada evento TEDx é auto-organizado. (Suxeito a certas normas e regulacións).
TED é unha organización sen ánimo de lucro adicada ás Ideas que merecen ser difundidas. Comezando como unha conferencia de catro días en California hai 25 anos, TED ten crecido para apoiar ideas que cambian o mundo a través de múltiples iniciativas. A Conferencia Anual TED invita ás e aos pensadores e emprendedores que lideran o mundo para falar durante 18 minutos. Despois, as súas charlas se difunden gratuítamente, en TED.com.
Entre os ponentes de TED encontramos figuras como Bill Gates, Al Gore, Jane Goodall, Elizabeth Gilbert, Sir Richard Branson, Nandan Nilekani, Philippe Starck, Ngozi Okonjo-Iweala, Isabel Allende e o ex-Primeiro Ministro Británico Gordon Brown. A Conferencia Anual de TED ten lugar en Long Beach, California, con transmisión simultanea en Palm Springs; TEDGlobal terá lugar o próximo ano en Edimburgo.
As iniciativas de comunicación de TED inclúen TED.com, onde se publican novas TEDTalks a diario e o Open Translation Project, que ofrece transcripciones interactivas e subtítulos así como a posibilidade de que voluntarios de todo o mundo, traduzan calquera TEDTalk. TED ten establecido o TED Prize con caracter anual, no que individuos excepcionais co desexo de cambiar o mundo teñen a oportunidade de poñer en marcha os seus desexos; TEDx, que ofrece unha forma de organizar de xeito individual ou en grupo, eventos por todo o mundo, e o programa TEDFellows, que apoia a xóves innovadores que cambian o mundo para que formen parte da comunidade TED e, coa súa axuda, amplificar o impacto dos seus destacables proxectos e actividades.
Sigue a TED no Twitter twitter.com/TEDTalks, ou no Facebook facebook.com/TED.
TEDxGalicia está en tedxgalicia.com/, No Facebook en facebook.com/tedxgalicia e en Twiter en twitter.com/TEDxGalicia
Podes ver as TED Talks en TED.com