Fecha de publicación: 05-feb-2013 12:11:19
CERRADO O PRAZO DE INSCRICIÓN.
O vindeiro Sábado, 22 de xuño, a partir das 16:00 horas, terá lugar o I Duatlón Cross popular Concello de Areixo.
LUGAR: Igrexario de Loureda
Formulario de Inscrición (CERRADO)
Listado provisional de inscritos
FORMATOS DE CARREIRA:
DESCRICIÓN DOS PERCORRIDOS.
Correranse 500 metros para despois coller as bicis e realizar 2 quilómetros en bici. Deixaranse de novo as bicis e vólvese correr outros 500 metros. Haberá unha zona aparte de boxes para os nenos na que poderá estar un pai ou nai para axudarlle a facer o cambio de correr para montar en bici e da bici para volver correr.
Comézase correndo 3 km a pé, dándolle unha volta ao circuíto no sentido das agullas do reloxo. Despois recóllese a bici de montaña e dáse unha volta ao circuíto de 8 quilómetros. Voltarase deixar a bici nos boxes e darase outra volta ao circuíto de carreira a pé, pero no sentido oposto ás agullas do reloxo.
Comézase correndo a pé 3 km, dando dúas voltas ao circuíto no sentido das agullas do reloxo. Despois recóllese a bici e danse tres voltas de 8 quilómetros ao circuíto en bicicleta de montaña. Volverase deixar a bici nos boxes e daráselle outra volta ao circuíto de carreira a pé, pero no sentido oposto ás agullas do reloxo.
PREZOS INSCRICIÓNS
DATA LÍMITE 18 DE XUÑO AS 22:00 HORAS
Inscrición adultos: 13 euros.
Inscrición de 14 a 18 anos na proba súper sprint con autorización paterna: 8 euros.
Inscrición nenos desde 6 até 14 anos: 5 euros.
Para facer a inscrición deberá facerse o pagamento da cantidade pertinente no seguinte número de conta de La Caixa 2100 5902 74 0100060661indicando no concepto nome e apelidos e o nome da proba na que se inscribe (mini duatlón nenos, proba súper sprint ou proba sprint)
DEBERASE ENVIAR O XUSTIFICANTE DE PAGAMENTO E A AUTORIZACIÓN PATERNA NOS CASOS QUE SEXA NECESARIO, Á SEGUINTE DIRECCIÓN DE CORREO running@adjarnachas.com
HORARIOS DE SAÍDA:
Horarios saída nenos : 16:00 horas
Horario saída súper sprint: 17:00 horas
Horario saída Sprint: 17:00 horas
TROFEOS:
As medallas dos nenos daranse ao acabar a sua carreira.
Categoría nenos:
6-8 anos Masculino: Medallas aos 3 primeiros.
6-8 anos Feminina: Medallas as 3 primeiras.
8-10 anos Masculino: Medallas aos 3 primeiros.
8-10 anos Feminina: Medallas as 3 primeiras.
12-14 anos Masculina: Medallas aos 3 primeiros.
12-14 anos Feminina: Medallas as 3 primeiras.
Haberá un obsequio para todos os nenos/as.
Os trofeos das carreiras súper sprint e sprint daranse a partir das 19:30 horas.
Categoría súper sprint:
Masculino absoluto: Trofeos para os 3 primeiros.
Feminina absoluta: Trofeos para as 3 primeiras.
Masculino veterano: Trofeos para os 3 primeiros.
Feminina veterana: Trofeos para as 3 primeiras.
Categoría sprint:
Masculino absoluto: Trofeos para os 3 primeiros.
Feminina absoluta: Trofeos para as 3 primeiras.
Masculino veterano: Trofeos para os 3 primeiros.
Feminina veterana: Trofeos para as 3 primeiras.
Haberá sorteo de agasallos ao acabar a entrega de trofeos.
DORSAIS:
Entrega de dorsais de 15:00 a 16:30 horas.
Deberá levarse na parte dianteira da camiseta e na bici.
PECHAMENTO DA META
Pecharase os boxes ás 19:30 horas, polo cal os que cheguen mais tarde desa hora de facer a seccion de bici non poderan correr a seccion a pe.
COLOCAR MATERIAL NA ZONA DE TRANSICIÓN
A zona de transición estará aberta desde as 15:30 horas até as 16:30 horas. A partir desa hora non se poderá colocar máis material na zona de boxes, nin se poderá retirar material até rematar a última carreira.
MEDIO AMBIENTE
A Organización solicita encarecidamente que se manteña o trazado do percorrido a realizar limpo de desperdicios (envoltorios de xeles, barriñas, plásticos, papeis, ...).
DUCHAS:
Campo de fútbol de Arteixo.
REGULAMENTO
É moi aconsellable levar algún tipo de portabidón ou mochila con recipiente de auga durante a proba, así coma un cortavento en caso de condicións meteorolóxicas adversas.
O dorsal débese colocar na parte dianteira da camiseta.
A organización terá o percorrido completamente balizado, e os participantes deberán seguilo estritamente e nunca atallar; para o seu control haberá diferentes membros da organización en diferentes puntos.
Esta proba realizarase nun trazado que non se encontra pechado ao tráfico; de aí que os participantes terán que respectar en todo momento as normas de circulación.
Todo participante tenlle que prestar axuda a outro participante accidentado e comunicarllo ao control que estea máis próximo ou a calquera persoa da organización.
Todo participante ten que deixar adiantar aos corredores que lle precedan e pidan paso facilitando a manobra na zona, de forma que non ocasione risco ningún para os participantes.
Queda estritamente prohibido tirar botellas, vasos, papeis ou calquera outro desperdicio fóra das zonas habilitadas pola organización. O non cumprimento desta regra será motivo de descualificación inmediata.
No caso de que un participante queira retirarse da proba, deberao comunicar e entregar o seu dorsal. A partir deste momento asume toda a responsabilidade sobre a súa integridade física, quedando así a organización libre de toda responsabilidade.
A organización terá un seguro de accidentes para os participantes o día da proba. Queda excluída a Responsabilidade Civil dos danos ocasionados polos participantes a terceiros, non podendo culpar en ningún caso á organización de ditos danos.
O feito de inscribirse supón a aceptación do regulamento.
Calquera incumprimento do regulamento será motivo de descualificación.