Só se tramitarán licenzas a soci@s 2025, tendo que pagar no momento de alta a cuota de socio anual e a licenza escollida.
PULSAR AQUI PARA COMEZAR A TRAMITAR
Os socios poderán participar gratis no Trail Concello de Arteixo e na Marcha Jarnacha Btt; pero tendo que pagar algo para os eventos e xantares posteriores, así como os regalos que se dean por participar.
Tamen noutras actividades a prezos especiais e algún desconto con colaboradores da AD. Os socios que optén por axudar nas labores da AD serán recompensados con descontos en futuras compras de roupa ou de regalos.
A AD pon a disposición gratuitamente dos seus socios o seguinte material: carpas de 3x3M, portabicicletas, raquetas e crampons para neve, camara de acción Garmin Virb, Gps Garmin Etrex e bolsa semirixida para transporte de bicicleta.
Os prezos das licenzas son:
Montaña: A + A BIS 64€, B + B BIS 87€, C 131€, AU (B) 60€ e suplemento de BTT + 35€
Ciclismo: elite ou master 135€ renovación ata o 28 febreiro (novas licenzas 140€) e os cicloturistas 119€ renovación ata o 28 de febreiro (novas licenzas 125€). Recordar, que todos os empadroados en Arteixo, que saquedes licenza cicloturista, a Asociación asumira a diferencia e tramitará a licenza master.
A estes prezos haberá que sumar os 35€ de cuota para ser socios.
As licenzas tramitaranse nas distintas federacións os días 13 e 27 de cada mes ata marzo
A Asociación Deportiva Jarnachas nace no 2011 para fomentar o deporte no concello de Arteixo. Realiza actividades en bicicleta, senderismo, trails, populares...
Conta con máis de 190 socios. Organiza o Trail concello de Arteixo e a Marcha Jarnacha Btt, ademáis doutros pequenos eventos para socios e colabora co concello Arteixo en diversas actividades.
Agradecer a todos os socios que forman parte desta pequena familia a súa participación en eventos da AD e doutros clubes para seguir existindo, así tamén coma os nosos patrocinadores:
La Fábrica Arteixo Mallo Ares CMP Cafe-Bar Arume Arpado Climatega Globalis