Fecha de publicación: 20-dic-2013 12:54:26
COTAS DE SOCIO E LICENZAS 2014
Hola a tod@s, dirixímonos a vós para informarvos, como xa saberedes, que cumplimos o nodo segundo ano como asociación, polo que é hora de renovar licenzas e cotas de socios. Tamén poderá agregarse xente nova que será ben recibida.
Admitimos xente que non queira facerse socio/a e sí queira facer licenza, tanto de ciclismo coma de orientación.
Para todo iso debedes cubrir o formulario que está ao final da páxina e ingresar as cantidades pertinentes no seguinte número de conta de La Caixa: ES49 2100 5902 74 0100060661, especificando nome e apelido + cota socio ou licenza (ciclismo, raid ou O-Pe).
Recordarvos que a cota de socios é de 30 euros anuais, socio familiar (familiares que dependan economicamente dun socio) 1 euro, socio aspirante (menores de 18 anos) 15 euros.
Prazo límite para facer o pago 31 de marzo.
Os beneficios de ser socio son os seguintes:
Dependendo do diñeiro recardado da publicidade dos patrocinadores, cada socio terá unha cantidade de diñeiro, (que estes dous años foi de 23 euros) destinados para a compra de roupa da asociación e tamén facemos un baremo a final de ano dependendendo das asistencias a probas, representando á asociación e das colaboracións nas probas que organizamos.
Na próxima asamblea decidirase a cuantía do remanente que se destinara a estos efectos, da división desta cuantía polo número total de puntos obtidos polos socios, obterase a cuantía, que se multiplicara polos puntos que cada socio obtivo no baremo.
Puntuación maxima 6 Puntos.
Este ano temos pensado organizar:
Datas por determinar.
A continuación detallámosvos os prezos das licenzas de ciclismo e de orientación:
LICENZAS CICLISMO - TEMPADA 2014
Os que renovedes a licenza do ano anterior só tedes que pasar por Apemax a asinar a renovación que nos enviou a federación, antes chamar para quedar con Alfredo.
Os demais tedes que cubrir o formulario que se achega, e unha fotocopia do DNI.
Instrucións para cubrir o formulario:
No apartado 1 Categoría, en Nacional, escribides a licenza que queredes (Cicloturista, máster 30, máster 40, máster 50, máster 60, sénior, elite, júnior).
No apartado 2 Especialidade, seleccionades as modalidades que practicades (tranquilos é só con carácter estatístico)
No apartado 3 Datos do solicitante, cubrides os vosos datos.
Agora só vos queda asinar na segunda folla, non poñades data, e enviádeo por email btt@adjarnachas.com ou entregádeo en Apemax Avda. Alcalde Manuel Platas Varela 93, 1, Vilarrodís, Arteixo.
Os prezos son os seguintes:
LICENZAS ORIENTACIÓN E RAID
TEMPADA 2014
Tanto para renovar como para novas licenzas, só tedes que cubrir o formulario que está ó final desta páxina.
Os corredores menores de 20 anos pagarán a licenza de tipo C aínda que se inscriban en categorías superiores.
Os prezos son os seguintes:
LICENZAS NACIONAIS
LICENZAS GALEGAS
Tamén se realizará unha asemblea xeral o venres 27 de decembro ás 20:00 horas en Apemax, enderezo: Avda. Alcalde Manuel Platas Varela 93, 1, Vilarrodís, Arteixo.
Esperamos contar con tod@s vós de novo, un saúdo e felices festas.