violín 7º

CURSO 2020-2021

CURSO 2019-2020

3º TRIMESTRE

Semana do 13 ao 17 de abril

Traballo para Xabi:

- Evensong - cambios de posición. Poñer a Forma e ver tonalidade

- Concerto de O. Rieding, Op. 35. Descarga a partitura do 1º movemento

- Rondó de "Abdelazer" terminar. Engado este vídeo para que podas escoitar a peza

Importante:

En cada unha das pezas é importante practicar por frases, despacio e escoitar atentamente para corrixir a afinación. Podemos engadir vibrato se estamos cómodos.

1º movemento.pdf

Semana do 20 ao 24 de abril

Traballo para Xabi:

- Descarga "Snake on a ladder"- cambios de posición. Poñer a Forma e ver tonalidade

- Concerto de O. Rieding, Op. 35. Descarga a partitura do 1º movemento

Estuda ata o compás onde pon F risoluto

- Rondó de "Abdelazer" terminar.

- Descarga o audio "La hora del violín" para sacar de oído a parte de violín, sen a partitura


Semana do 4 ao 8 de maio

Traballo para Xabi:

-"Snake on a ladder"- cambios de posición. Fíxate nas 3ª se son M ou m para traballar a afinación

- Concerto de O. Rieding, Op. 35.

Estuda ata o silencio dun compás completo

- Rondó de "Abdelazer". Ollo coa acentuación. Frase C, si natural

- Segue a traballar co audio "La hora del violín" para sacar de oído a parte de violín que falta. Escríbea e pon a FORMA. Intenta averiguar a tonalidade.


Semana do 11 ao 15 de maio

Traballo para Xabi:

-"Snake on a ladder"- Fíxate nos cambios de posición co glissando en harmónico

- Fai o exercicio de cambios co 4º dedo da seguinte peza, "Spanish Serenade"

- Concerto de O. Rieding, Op. 35.

Estuda ata o silencio dun compás completo

Axúdate co vídeo e este audio coa parte de pn

- Rondó de "Abdelazer". Ollo coa acentuación e a articulación dos motivos

- Intenta sacar de oído a parte de violín desta peza : "Tiempo de cosecha". Escríbea e pon a FORMA. Intenta averiguar a tonalidade.


Semana do18 ao 22 de maio

Traballo para Xabi:

- Fai o exercicio de cambios co 4º dedo de "Spanish Serenade" e estúdala.

- Concerto de O. Rieding, Op. 35 (Tocaremos esta peza na audición)

Veremos a parte que nos queda

Estuda a articulación da moneca para o legato

Ollo coas cousas puntuais: acentos, LA# E FA natural

Axúdate co vídeo máis arriba e este audio coa parte de pn

- Rondó de "Abdelazer". Ollo coa acentuación e a articulación dos motivos

- "Tiempo de cosecha". Pon a FORMA. Intenta averiguar o compás.


Semana do 25 ao 29 de maio

Traballo para Xabi:

- Fai o exercicio de cambios co 4º dedo de "Spanish Serenade" e estúdala.

- Concerto de O. Rieding, Op. 35 (Tocaremos esta peza na audición)

  • Estuda a articulación da moneca para o legato e tócaa máis lenta.

  • Ollo coa afinación. Coidado co patrón da man esquerda

Axúdate co vídeo máis arriba e este audio coa parte de pn

Gustaríame escoitala co audio o vindeiro día. Tes que poñelo con outro dispositivo diferente ao que nos conectamos por Skype (un móbil por exemplo).

- Rondó de "Abdelazer". Ollo coa acentuación e a articulación dos motivos

Semana do 1 ao 5 de xuño

Traballo para Xabi:

- "Spanish Serenade" e exercicio preparatorio

Ollo coas notas nos 3 últimos compases e fíxate no patrón da man esquerda en IIIp.

- Concerto de O. Rieding, Op. 35 (Repasa esta peza para a audición do luns 1 de xuño)

  • Fíxate nos acentos e coida o ritmo na parte que dixemos

  • Ollo coa afinación no LA grave. Coidado co patrón da man esquerda

Axúdate co vídeo máis arriba e este audio coa parte de pn

- Rondó de "Abdelazer". Ollo coa acentuación e a articulación dos motivos

Semana do 8 ao 12 de xuño

Traballo para Xabi:

-Concerto de O. Rieding, Op. 35

  • Fíxate nos acentos

  • Ollo coa afinación no LA# e DO# graves e na última nota. Coidado co patrón da man esquerda

Axúdate co vídeo máis arriba e este audio coa parte de pn

Grava co móbil en horizontal esta peza, escoitando o audio de pn cos auriculares e envíamo ao meu correo.

- Rondó de "Abdelazer". Ollo coa acentuación e a articulación dos motivos

-Descarga "Irish Lullaby" para estudar co exercicio preparatorio.

Fíxate na tonalidade e pon a FORMA.

Semana do 15 ao 19 de xuño

Confirmaremos o horario do curso que vén e porei traballo de verán.

Recolleredes as partituras para o verán e as notas no mes de xullo o día que ides formalizar a matrícula.