VOCES DE MULLERES

MULLERES DE CONTO

"Voces de mulleres" é o título do Proxecto Documental (PDI) do noso centro este curso escolar, 2017/18.

Nas aulas de 3º e 4º de Primaria imos investigar a vida destas "Mulleres de conto" para completar a nosa achega ao Proxecto co traballo que presentaremos na vindeira edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.