COMO INSCRIBIRSE NAS ESCOLAS DEPORTIVAS DO CLUBE
A través da ligazón que aparece a continuación poderás realizar a inscrición do teu fillo/a para as escolas deportivas do noso clube e poñerémonos en contacto contigo.
INFORMACIÓN DE INTERESE*
Destinatarios: dirixida a nenos e nenas que queiran iniciarse na práctica do atletismo.
Idades: para as idades comprendidas entre os nados no 2021 ata os nados no 2014 (dende os que cumpren 6 anos ata os que cumpren 13 anos no 2027).
Prazo de inscrición: para a tempada 26/27 comezará a partir do martes 15 de setembro de 2026 e rematará o mércores 30 de setembro
Período de actividade: comezará a partir do xoves 1 de outubro de 2026 e rematará o luns 31 de maio de 2027.
Cota de inscrición: 50€/curso completo
Horario, días e lugar:
Pavillón Municipal dos Deportes: Para as idades comprendidas entre os nados/as no 2018 e 2021 (Sub 8 e Sub 10).
Días: Martes e xoves
Horario: 17:00 h a 18:00 h.
Pistas de atletismo do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD): Para as idades comprendidas entre os nados/as do 2014 ao 2017 (Sub 12 e Sub 14)
Días: Luns e venres
Horarios:
17:00 h a 18:00 h: Sub 12 (Nados/as en 2016 e 2017).
18:00 h a 19:00 h: Sub 14 (Nados/as en 2014 e 2015).
No clube Atletismo Rías Baixas buscamos a formación integral da mocidade: deportiva, académica e persoal. Por iso, formamos en todas as disciplinas atléticas respectando as etapas de desenvolvemento. Pretendemos acompañalos/as e dirixilos/as no seu desenvolvemento deportivo, encamiñándoos/as segundo as súas aptitudes cara á súa futura especialización, tendo sempre en conta a súa etapa evolutiva a través dunha formación multidisciplinar e en valores.
Colaborar coa promoción do atletismo.
Acompañamento e dirección polos adestradores/as do Club
Inscrición gratuíta nas competicións e desprazamentos.
Descontos nas empresas colaboradoras.
Para máis información sobre como facerse socio/a, tarifas e calquera dúbida ou aclaración, non dubides en poñerte en contacto connosco.