Nesta páxina atoparás todas as actividades e accións realizadas no CIFP Someso para fomentar o espírito emprendedor nos nosos alumnos e atopar a inspiración e a axuda necesarias para dar o paso de crear o teu propio emprego a través do traballo por conta propia.
ACCIÓNS E ACTIVIDADES DO CIFP SOMESO PARA FOMENTAR O EMPRENDEMENTO:
Este programa que se desenvolve no marco do Plan eduemprende vai dirixido a fomentar, motivar, e sensibilizar ao alumnado de educación primaria e educación secundaria obrigatoria no espírito emprendedor.
Esta acción establécese dentro dun ámbito de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, e as diferentes asociacións empresariais, en favor do impulso da cultura emprendedora entre o alumnado e darlle a coñecer ao tecido empresarial da súa contorna.
Con este programa mellorar a empregabilidade e competitividade do alumnado dos centros educativos, traballando de forma específica diferentes aptitudes ou competencias (a creatividade, habilidades sociais e comunicativas, o traballo en equipo, autoestima e o sentido crítico) co fin de crear e desenvolver o seu espírito emprendedor no seu ámbito persoal e profesional.