📱 Curso de Internet e Telefonía Móbil para Persoas Maiores
O Concello de Verín, a través do proxecto Sabedoría Activa (programa Voluntariado Sénior da área de Benestar Social), abre o prazo de inscrición para a terceira edición do curso de Internet e telefonía móbil dirixido a persoas maiores.
Acompañar ás persoas maiores no proceso de adaptación ás novas tecnoloxías, reducindo a brecha dixital e mellorando a súa autonomía persoal para xestións administrativas, financeiras, sanitarias e tamén para socializar e acceder a información.
Uso básico do smartphone (botóns, chamadas, mensaxes, fotos, vídeos).
Xestión de contactos e chamadas perdidas.
Internet no móbil: crear conta de usuario, descargar aplicacións, redes sociais e ferramentas adaptadas a persoas maiores.
Metodoloxía práctica e personalizada: cada persoa aprende co seu propio dispositivo.
Mércores, xoves e venres, de 16:30 a 18:00 h.
Primeira sesión: mércores 17 de setembro.
Inscricións abertas ata o luns 15 de setembro.