Sergio Zearreta: voz

Miguel Thomas: guitarra

Antón Torroncho: baixo

Miguel Queixas: batería

María Galdón: coros

​​PURPLE REI é un proxecto musical que xorde na Coruña en abril de 2021 da man de Sergio Zearreta (cantante), Miguel Queixas (batería), Miguel Thomas (guitarra), Antón Torroncho (baixo) e María Galdón (cantante).

O propósito de PURPLE REI é facer adaptacións libres dos grandes temas de Prince en galego. O repertorio do artista de Minneápolis, principalmente o da década dos 80, serve como base para esta reinterpretación, que fusiona estilos como o pop, o rock, o funk, o blues ou o R’n’B. O criterio na traducción das letras é o de achegarnos no posible á literalidade do seu sentido. Unha sincera e orixinal homenaxe a un dos artistas musicais máis completos do século vinte.